Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España é dos países que máis conterán os custos laborais unitarios en 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Segundo as últimas previsións da Comisión Europea, os custos laborais unitarios nominais aumentarán, en promedio, un 1,5% no conxunto de países da UE-28 durante este ano. Iso equivale a un leve repunte respecto da media do 1,2% rexistrada en 2017.


España estará de novo entre os países con maior contención dos custos laborais unitarios, o que favorecerá o proceso de xeración de emprego. Nos países de recente adhesión á Unión Europea, sen embargo, as subas pronunciadas dos custos laborais unitarios serán a tónica habitual.

Romanía encabeza a clasificación cun 6,6%, figurando a continuación Letonia, Bulgaria e Hungría, que superan o 4%. A República Checa e Lituania estarán por riba do 3%, mentres que Polonia, Estonia e Eslovaquia superarán o 2%. Luxemburgo e os Países Baixos terán aumentos levemente inferiores ao 2%. Dinamarca rexistrará un 1,7%, ao tempo que Alemaña e Malta compartirán unha suba do 1,6%. O Reino Unido quedarase no promedio do 1,5%.

Entre os 13 países da UE que situarán o seu incremento dos custos laborais unitarios por debaixo da media estarán, entre outros, Suecia (1,4%), Austria (1,2%), Francia (1,1%) e Italia (1,1%). En Portugal e Irlanda o aumento será do 0,8%. En España os custos laborais unitarios subirán un 0,7% en 2018, algo por riba do dato previsto para 2017. A contención dos custos laborais é, sen dúbida, un factor moi importante para seguir creando o emprego necesario e reducir así o nivel de paro da nosa economía. Finlandia pecha a clasificación cun descenso do -0,7%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)