Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia, Castela-A Mancha e Valencia líderes na fabricación de mobles



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Francia, Alemaña e Reino Unido seguen sendo os principais destinos das exportacións españolas, malia que Portugal é tamén importante para as empresas galegas. Tras máis de sete anos de caída continuada da facturación, 2017 consolida o cambio de tendencia de 2016 impulsada pola compra de vivenda e a internacionalización.


O sector español do moble pechou o pasado exercicio cun crecemento superior ao 4%, por encima da media da actividade económica, se ben Cataluña sofre un enorme parón pola caída da construción.

Este é un sector tremendamente internacionalizado e onde o 40% da facturación provén das vendas ao exterior. Entre xaneiro e xuño de 2017, por exemplo, as vendas ao estranxeiro das empresas galegas ascenderon a 88,1 millóns de euros. Francia, Portugal, Alemaña e o Reino Unido foron os principais destinos. O que estamos a ver ao longo dos últimos meses é un repunte importante na saída do moble, unha das partes da cadea da madeira que xera un maior valor engadido, pero hai que seguir traballando para alargar a base de empresas a pesar de que algunhas están a mostrar unha gran capacidade para adaptarse.

Este alicerce da economía galega mostra un importante desequilibrio: o 80 % da produción das industrias de primeira transformación consómese fóra da comunidade. Isto demostra que existe un enorme potencial de crecemento para o peche da cadea de valor. Ademais o moble é un subsector formado por moitas microempresas, con menos de dez empregados, e foi o sector que máis tarde iniciou unha incipiente recuperación grazas ás empresas máis cualificadas que aproveitaron novos nichos de negocio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)