Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Onde se move máis traballo neste ano que entra



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Os sectores con maior potencial son tecnoloxía, banca, saúde e seguros. E cómpre afacerse a este termo: employer branding, que marcará o mercado laboral. Son os candidatos (alomenos os bos) os que marcan expectativas, as empresas xa non dubidan en aplicar medidas personalizadas se identifican talento, aumentando tanto salario como beneficios sociais.


Coincidindo co arranque do ano unha coñecida consultora de emprego desvela as tendencias en selección para 2018. “2017 foi un ano excepcional para o recrutamento en todos os niveis: executivos e altos directivos, tanto para proxectos temporais como para contratacións indefinidas. Estes datos rexistráronse tanto en España como no resto de Europa. Mesmo mercados ata agora retardados como Holanda, Francia, Italia ou Grecia, empezaron a revitalizarse“, afirma o director rexional do Sur e Leste de Europa e Suíza de PageGroup, Nicolas Buisson.

O 2018 comeza cunhas expectativas moi altas tanto para as empresas como para os profesionais que inician novos retos. Aquí van as principais tendencias no mundo laboral cualificado.

1. Employer Branding. As empresas invisten maiores esforzos para atraer talento cualificado e deben construír unha imaxe atractiva, que esperte o interese dos candidatos para poder seleccionar aos mellores. Xanon dubidan en aplicar medidas personalizadas. "Atopamos mesmo compañías dispostas a pagar un 15-20% máis de salario para incorporar aos que precisan".

2. As novas tecnoloxías, sempre. A dixitalización revolucionou as medidas de identificación e selección. As redes sociais como LinkedIn están a axudar enormemente a localizar o talento que as empresas precisan. O carácter inmediato outorgoulles un rol fundamental, os tempos acurtáronse e a distancia deixou de ser un problema.

3. Procura de líderes para proxectos específicos. Referímonos a posicións temporais que se axustan á duración do proxecto e que levan unha gran responsabilidade. A pesar de ser unha tendencia moi desenvolvida en países do Norte de Europa en España irá cobrando protagonismo neste ano.

4. Flexibilidade. A procura dunha vida equilibrada seguirá sendo un valor á alza. Os candidatos demandan horas de entrada e saída variables, e a posibilidade de traballar desde casa.

5. Desaparición da fidelidade laboral. A tendencia de asumir que o empregado desenvolverá toda a súa carreira profesional na mesma compañía perde sentido: prodúcese unha convivencia xeracional na que as novas incorporacións móstranse moito máis libres que os seus antecesores. Prevese que os Millennials cambiarán de emprego máis de 10 veces e a xeración Z (nacidos entre o 1994 e 2010) farao 7. Os novos talentos xa non perseguen un traballo que dure toda a vida, prefiren proxectos que realmente lles interesen.

6. Implantación de beneficios sociais. Unha das mellorías que presenta o mercado laboral é a emerxente preocupación das empresas por ofrecer un maior abanico de beneficios sociais. Os máis valorados son: seguros médicos para o empregado, a súa familia e os relacionados coa saúde.

7. Zonas de lecer na oficina. Na mesma liña que a tendencia anterior, incluír zonas de lecer na oficina supón máis benestar. Os momentos de relax e desconexión permiten retomar o traballo dunha maneira máis creativa e cunha maior produtividade.

8. Maior protagonismo de RSC. Se as empresas queren atopar e reter talento deben incorporar políticas de Responsabilidade Social Corporativa, xa que os novos perfís apostan cada vez máis, por compañías socialmente responsables. Os candidatos de ata 35 anos, teñen moi en conta os valores da empresa. Se os empregados identifícanse coa filosofía o seu sentimento de pertenza verase reforzado.

9. Auxe dos Shared Services Centers. Os Centros de Servizos Compartidos están sobre todo focalizados nos departamentos finanzas, recursos humanos, tecnoloxías da Información e Compras. Moitas compañías de diversos puntos de Europa teñen varios servizos centralizados que dan servizo ao resto de países desde o noso.

10. Maior peso do sector tecnolóxico e auxe de sectores relacionados con seguros, saúde e banca. A dixitalización está a transformar a maneira de traballar e está a xerar mesmo, novas profesións. Destacan tres sectores. As aseguradoras buscan adoptar estratexias ata agora propias do sector Gran consumo, polo que piden especialistas en Márketing, Xestión de Clientes e outras técnicas de consumo. Outro dos sectores que está en auxe en materia de emprego é o de saúde, onde debido ás fusións  entre laboratorios, demandan un gran número de profesionais en biotecnoloxía, servizos para a terceira idade e sanidade privada. Por último, o sector bancario atópase inmerso na súa reestruturación e cada vez é máis necesario contar con persoal moi cualificado.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)