Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Como investir en México?



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



Ante o aumento dos investimentos galegos no país norteamericano, Caruncho, Tomé & Judel organiza esta xornada para analizar as claves para desenvolverse nun mercado onde máis de 400 empresas de Galicia realizan investimentos anualmente.


A xornada desenvolverase o vindeiro mércores no Club Financeiro Atlántico da Coruña e contará coa participación do bufete mexicano Rivadeneyra Treviño & De Campo Abogados, unha das firmas líderes no país azteca. Trátase da primeira xornada técnica de internacionalización Galicia-México que se realiza na Coruña que conta con representantes mexicanos. Nos últimos anos, este mercado norteamericano converteuse en destino principal dos investimentos galegos ao estranxeiro, situándose como segundo país receptor de exportacións de Galicia, superando incluso ao veciño francés.

Anualmente máis de 400 empresas galegas desenvolven investimentos en México, das que arredor de 150 compañías operan de maneira habitual. O volume total destas operacións supera os 500 millóns de euros de investimento, o que representa preto da metade dos investimentos galegos en Iberoamérica.

Xunto a Caruncho, Tomé & Judel e o bufete mexicano Rivadeneyra Treviño & De Campo Abogados, participarán nesta xornada representantes do Banco Santander e da consultoría galega Implicatum, que achegarán algúns dos seus produtos exclusivos para os investimentos en México.

Segundo Ignacio Caruncho, socio de Caruncho, Tomé & Judel, “realizamos esta xornada ante o crecemento de México como destino investidor para as empresas galegas, para o que contamos cun dos bufetes mexicanos con maior coñecemento do país, referente internacional para empresas de todo o mundo que buscaron en México novos destinos e mercados para os seus negocios”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)