Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Porto de Vigo pide “sensatez” ao Concello



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XANEIRO DE 2018 · (0)



O que parece xa un peche inminente fixo saltar as alarmas de Praza da Estrela que hoxe, a través do seu Presidente, Enrique César López Veiga, analizou a situación xunto aos principais afectados por esta medida: os transportistas.


considera que este viario é “indispensable” para as empresas que operan no Porto, polo que non é “razoable” pechalo ao tráfico de camións “sen alternativas”. A Xunta, o Ministerio de Fomento e propia Autoridade Portuaria non teñen competencias neste asunto xa que se trata dunha zona urbana e, por tanto, corresponde ao Concello buscar unha alternativa.

Durante a reunión mantida esta mañá con responsables de Asetranspo (Asociación Provincial de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercadorías de Pontevedra), López Veiga pediu “sensatez” ao Goberno municipal, ao entender que este viario é “indispensable” para as empresas que operan no Porto de Vigo. Así mesmo, lembrou que Sanjurjo Badía foi tradicionalmente una das principais vías de saída de Vigo na que se deron no seu día unha serie de autorizacións para a libre circulación deste tipo de tráfico, polo que ese peche “puidese non ter un sustento xurídico adecuado”. E solicitou ao Concello “que reflexione e atrase esta decisión”.

En todo caso, “trátase dun proxecto técnico por onde irán viarios de comunicación, posiblemente expropiacións, e iso teno que levar a cabo o Concello", razoou. Con todo, aclarou que, unha vez feito isto, “todos axudaremos a que o financiamento sexa posible”, pero “o resto de Administracións non poden planificar nada en casa doutros”, subliñou. Para López Veiga, o “dano” que pode provocar o peche da rúa Sanjurjo Badía ao tráfico pesado é “inmediato”, polo que, unha vez máis, solicitou ao Concello que “reconsidere” esta medida, xa que dependen moitos postos de traballo na zona.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)