Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un día importante para Aira



PUBLICADO O 02 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Organizou esta mañá un acto público na súa fábrica para presentar resultados e o plan de negocio acompañados do presidente da Xunta e da conselleira do Medio Rural, xunto cos alcaldes das localidades onde conta con centros de traballo. Esta cooperativa de pensos ubicada en Taboada chegou ás 160.000 toneladas en 2017.


O presidente de Aira, José Manuel Tellado, lembra que a entidade “é un vello soño do cooperativismo gandeiro que se fixo realidade. Chegar ao que hoxe somos non foi doado e foron precisas ducias de reunións". Alberto Núñez Feijóo amosou a súa confianza e o apoio da Xunta a esta iniciativa integradora, lembrando que “as cifras non son opinables”.

O principal reto, segundo Feijóo, é “seguir producindo con calidade e sustentabilidade, achegando valor engadido e transformando a produción sen ter que salir Galicia” insistindo nas posibilidades que o medio ofrece aos mozos galegos.

Daniel Ferreiro, director de Aira, fixo un balance dos resultados tras das fusión coas cooperativas Agris, Cogasar, Coelplan e Icos, en xullo de 2017, e tomando o 1 de xaneiro de 2018 como a data de partida da integración efectiva, o Plan de Negocio previsto estimábase en algo máis dos 93 millóns de euros aínda que os datos finais reflectiron un incremento superior aos 96 millóns de euros. “Dentro do Plan de Negocio que se deseñara, cumpríronse amplamente os obxectivos”, manifestou Ferreiro, quen tamén avanzou que o investimento previsto para 2018 é de 3,5 millóns de euros.

O 30 de xuño de 2017 chegou a fusión entre Agris, Cogasar, Coelplan e Icos e Aira. Deixando un prazo de seis meses para consolidar o proceso, marcouse o 1 de xaneiro como data de inicio da actividade da nova Aira, xa constituída como unha cooperativa de primeiro grao. O obxectivo é valorizar a produción coa integración comercial e industrial láctea

AS CIFRAS

Máis de 2.500 agricultores e gandeiros. 

Máis de 225 empregados.

14 centros de traballo.

14 tendas agrarias.

Explotacións: 1.100 explotacións.

Cifra de Negocio: superior aos 96,5 millóns de euros.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)