Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Facendo patria



PUBLICADO O 02 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Unha vintena de empresas, clústers e centros tecnolóxicos galegos acompañaron á Feijóo ao maior foro de investimento a nivel internacional de micromecenado 2018 OurCrowd Global Investor Summi en Israel: un país cuxo 45% do PIB o compoñen industrias de alta tecnoloxía. Trátase de atraer investidores e facer alianzas.


Esta cita é unha referencia mundial no capital risco: rolda os 7.000 asistentes procedentes de máis de 80 países no que preto de 100 startups presentaron proxectos. O Instituto Tecnolóxico de Galicia foi un dos organismos que estiveron na delegación galega. “Esta viaxe abriu a porta a novas vías de colaboración. Agora toca traballar intensamente para ver os resultados”.

A Xunta asegura que ofrece facilidades e iso foi a vender: “calquera empresa que queira situarse en Galicia, que necesite financiamento, capital risco, axudas e incentivos da administración, ten a súa disposición ferramentas como a Oficina Doing Business e a Lei de impulso industrial para facilitar as tramitacións burocráticas. As pontes de contacto está feitas e Galicia é unha terra aberta ás ideas”, dixo Feijóo. O director xeral do Instituto Tecnolóxico de Galicia, Carlos Calvo, destaca que “imos a estes foros porque é onde temos que estar. Trátase de encontros moi relevantes nos que temos a oportunidade de transferir e recibir información de gran valor".

Galicia dispón dun bo número de aceleradoras: a Business Factory Auto, en colaboración con PSA; ViaGalicia, con Zona Franca; Agrobiotech, na que colabora Coren; a incubadora de fármacos que promoven Janssen e a Fundación Kaertor; as dúas nas que participan Telefónica e Vodafone, no sector TIC; e a futura aceleradora que se porá en marcha no ámbito aeroespacial, aproveitando o potencial do polo de Rozas; xunto cos proxectos que desenvolven as 30 Unidades Mixtas de Investigación. En todas elas hai ideas dispoñibles para investir.  



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)