Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só un 9,4% dos adultos españois participa na aprendizaxe permanente



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



A Comisión Europea está traballando na creación dun Espazo da Educación en 2025. A mellora da cultura e da educación, e o pleno aproveitamento do seu potencial considéranse como motores para o emprego e o crecemento económico.


Dentro do fortalecemento da educación, a participación na aprendizaxe permanente por parte da poboación adulta constitúe un dos piares esenciais. A Unión Europea fixouse acadar un 15% de participación media ata o ano 2020, pero os progresos ata a data son escasos. Nese novo Espazo Europeo da Educación 2025 o obxectivo podería ser incluso máis ambicioso e situarse nun 25% para ese ano.

En 2016, último ano para o que se publicaron datos, a taxa media de aprendizaxe permanente entre os adultos chegou a un 10,8% na UE-28, sen progreso dende 2013. Os países máis avanzados son os nórdicos. En cabeza figuran Suecia (29,6%), Dinamarca (27,7%) e Finlandia (26,4%). Os Países Baixos e Francia xa están preto do 19%. Luxemburgo e Estonia logran superar o 15%, ao tempo que Austria e o Reino Unido se quedan por riba do 14%. Eslovenia tamén se sitúa entre os países que superan a media.

Por debaixo do promedio figura Portugal cun 9,6%. En España, só o 9,4% da poboación adulta participa en actividades de formación permanente e a cifra reduciuse dende o 10,1% rexistrado en 2013. Outros países como Alemaña, Italia, Bélxica e Irlanda teñen cifras incluso inferiores ás de España. Pechan a clasificación Bulgaria cun 2,2% e Romanía cun 1,2%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)