Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A produtividade por empregado en Galicia foi a que máis aumentou en toda España durante a crise



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Sen embargo, foi a costa de que a destrución do emprego (21%) foi moi superior á diminución da facturación das empresas (2%), segundo o informe “Evolución do tecido empresarial español de 2006 a 2014” do IESE.


A produtividade media por empregado en Galicia aumentó un 24% durante os anos 2006 a 2014,unha cifra que sitúa a Galicia no primeiro posto de crecemento de toda España. En canto á produtividade por sectores, os datos para Galicia tamén foron positivos, con importantes crecementos por riba da media nacional en agricultura (42%) e en servizos (23%), mentres que o sector de industria tamén medrou (un 23%), aínda que sen superar á media do país. Sen embargo, o sector da construción diminuiu ata un 8%.

Estes datos despréndense do informe “Evolución do tecido empresarial español de 2006 a 2014” elaborado polo profesor do IESE Miguel Angel Ariño co obxectivo de analizar a situación da empresa española no ano 2006, antes de iniciarse a última crise económica, e comparala coa do ano 2014, unha vez superada esta recesión, e ofrecer por tanto unha descrición de como evolucionou o tecido empresarial español.

En termos absolutos, a produtividade media en Galicia pasou de ser de 171.460 euros en vendas por persoa empregada (2006) a 212.203 euros (2014), o que supón un incremento do 24% (40.743 euros). Aínda que o sector que máis medrou en porcentaxe (42%) foi o da agricultura, o maior nivel de produtividade media é o da industria (258.455 euros de vendas por empregado). No lado oposto, o sector da construción acadou tan só os 131.998 euros (-8%) por persoa empregada.

Durante os anos 2006 a 2014 se produciu unha diminución de 2.714 compañías en Galicia, o que supón un descenso do 8%, unha cifra sensiblemente menor que a media nacional (12%). O número de empregados por empresa tamén se reduciu en 1,7 personas (-91.399empleos, -21%). Este descenso afectou de maneira dispar aos diferentes sectores. Por exemplo, no da agricultura, o número de empresas aumentou un 18%, mentres que, na construción, desapareceu un 32%. Pola súa banda, a Industria perdeu o 16% das súas compañías, mentres que o sector servizos viu destruído só un 2% das súas empresas.

Emprego

Por outra banda, en canto ao emprego se refire, se o número de compañías caeu nun 8% durante este tempo, o emprego o fixo nun 21%, cunha perda neta de 91.399 empregos, sendo un descenso desigual nos distintos sectores. O da construcción reduciu un 56% os seus postos de traballo; a industria, un 27%; os servizos, un 8%, e a Agricultura, pola súa banda, non sufriu ningún cambio no número de empleregados.

A nivel global, a facturación total das empresas en Galicia caeu só un 2% durante este período. No caso da construción, o descenso foi do 60%, sendo o sector máis castigado con respecto aos servizos (-19%) e á industria (-10%). A agricultura resultou, sen dúbida, o menos afectado, xa que incrementou a súa facturación nun 43%. A facturación media das empresas aumentou 128.460 euros de media en Galicia, sendo superior respecto á media nacional e á Comunidade de Madrid (incremento do 6% en Galicia, respecto ao 2% a nivel nacional e ao 1% da Comunidade de Madrid).

Isto explícase porque a diminución da facturación foi moi similar á do número de compañías. De todas maneiras, este aumento manifestouse de forma diversa nos distintos sectores: o da agricultura medrou un 21%, os servizos un 17%e as compañías do sector industrial subiron un 8% a súa facturación. Sen embargo, a facturación media das empresas da construción baixou un 41%, coa consecuencia de que estas compañías facturaron en 2014 839.675 euros, fronte a case o millón e medio de euros de 2006.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)