Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Grupo Nueva Pescanova vende a súa filial de Honduras



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE FEBREIRO DE 2018 · (1)



Concentrará as operacións de cultivo e transformación de lagostino vannamei en Ecuador, Nicaragua, onde incrementa en 7.000 toneladas a capacidade de produción, e Guatemala.


Concretamente vendeu granxas de acuicultura e unha fábrica de procesado de lagostino. A operación forma parte do plan de desinvestimentos en activos non rendibles ou non estratéxicos “para obter a máxima rendibilidade, incrementar o nivel de ocupación das fábricas e optimizar a planificación da subministración de materia prima”, asegura nun comunicado.

Os activos do Grupo Nueva Pescanova en Honduras (Novahonduras) incluían diversas sociedades dedicadas ao cultivo de lagostino e ao seu envasado. Desde principios de 2017, o Grupo alugaba estas instalacións a un terceiro, quen se ocupaba integramente da súa xestión, polo que a venda non repercutirá na cifra de procesado de lagostino. Ademais, o acordo co novo propietario contempla un compromiso de subministración preferente para o Grupo Nueva Pescanova.

O cultivo, procesado e comercialización de lagostino vannamei seguirá sendo clave na estratexia da compañía. Nueva Pescanova conta cunhas 7.500 hectáreas de granxas de acuicultura entre Ecuador (Promarisco), Nicaragua (Camanica, que é a maior empresa dedicada ao cultivo de lagostino do país e responsable de máis do 50% da produción e exportacións de lagostino de Nicaragua) e Guatemala (Novaguatemala). O Grupo Nova Pescanova é unha das poucas compañías de alimentación que integra dende a produción de larvas selectas ata a comercialización de produtos elaborados. As outras especies que cultiva son rodaballo en España e tilapia en Brasil.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (1)



Suso de Arteixo

05 de febreiro de 2018

Por favor, no vuelvan a llamar al Grupo Nueva Pescanova Nova Pescanova. El nombre es Nueva Pescanova. ¿Acaso dicen O Corte Inglés por El Corte Inglés o Naves de Metal por Metal Ships?