Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Máis de 2.200 persoas participaron en 2017 nos 95 cursos e xornadas da Cámara de Santiago



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Nas enquisas anónimas de actividade formativa, os alumnos manifestaron un “alto nivel de satisfacción” coas accións programadas pola entidade cameral compostelá e o nivel do profesorado.


En total sumou 32 cursos e 63 xornadas a actividade formativa programada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o que supón un incremento dun 13% con respecto a 2016, ano no que se executaron 84 cursos e xornadas. Igualmente acontece co número de alumnos, que en 2017 foron 2.290, un 22% máis en relación a 2016, cando se rexistraron 1.897 persoas formadas. Analizadas as enquisas de actividade formativa (EAF), realizadas de forma anónima polos alumnos, obsérvase un alto nivel de satisfacción dos participantes en cursos, xa sexa pola formación impartida ou polo nivel do profesorado.

A temática centrouse en formación sobre informática e novas tecnoloxías, contabilidade e fiscalidade, recursos humanos, comercio e distribución, e comercio e marketing. Ademais programouse formación específica, desenvolta en colaboración con outros organismos ou institucións, como son os cursos de formación troncal e específica do Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE), cofinanciados polo Fondo Social Europeo; cursos de contabilidade e xestión laboral celebrados co Instituto Empresarial de Contabilidade e Economía (IECE); un curso para mellorar as habilidades emprendedoras, celebrado en colaboración con Coaching para Ingenieros, e unha xornada empresarial coa compañía aérea Lufthansa sobre oportunidades comerciais en Alemaña, entre outras.

Ademais, en 2017 a Cámara desenvolveu o Plan de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista, financiado por fondos Feder da Unión Europea e promovido polo Ministerio de Economía e a Cámara de España para executar liñas de actuación orientadas á innovación e competitividade no pequeno comercio. A entidade realizou diagnósticos de punto de venda e innovación comercial e talleres formativos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)