Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 31% dos mozos galegos non ten expectativas de emancipar en 2018



PUBLICADO O 06 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Un estudo do portal inmobiliario Walicia recolle que un de cada tres menores de 35 anos que se independiza aluga, e que un privilexiado 8% vivirá nun inmoble prestado ou herdado: sen pagar renda nin hipoteca. Case un 17% de galegos de entre 45 e 55 anos volve cos pais tras un divorcio.


As cifras xorden por mor dunha enquisa realizada a máis de 2.000 galegos con idades comprendidas entre os 25 e os 64 anos, na que Walicia preguntou a todos polas súas intencións de residencia. A sondaxe fíxose entre os días 8 e 10 de xaneiro.

O 31% dos mozos galegos residirá durante 2018 cos pais ao non contar con expectativas de emancipación, cifra que confirma a dificultade que teñen para independizarse. Con todo, a expectativa mellora aos datos ofrecidos o pasado mes de novembro polo Observatorio de Emancipación do Consello da Mocidade, que indicaba que o 37,6% dos galegos entre os 30 e os 34 anos aínda non abandonara a súa vivenda familiar.

Dos datos obtidos conclúese ademais que o aluguer é o réxime elixido –ou o único posible- polos mozos galegos cando se emancipan. O 34% arrenda, mentres que o 26% decántase pola compra. Tan só o 8% dos mozos galegos vivirán durante 2018 nun inmoble prestado sen pagar renda ou hipoteca. Esta porcentaxe de mozas que vivirá de aluguer este ano é o que está a provocar que o número de galegos que arrendan uvivan unha subida tan grande nas últimas datas. Este feito, sumado á formación de novos fogares e as boas perspectivas económicas, provocan que neste segmento de idade atópense números que reflicten con claridade a preferencia pola compra, xa que máis da metade (o 53%) residirá no seu domicilio como propietario del.

Retorno ao fogar

As dificultades para independizarse non afectan unicamente os mozos. Un 18% dos habitantes entre 35 e 44 anos segue vivindo cos pais. Pero este dato non só fai referencia a aqueles que non contan con expectativas de emancipación: confirma o alto número de persoas de mediana idade que teñen a necesidade de volver á casa familiar. Dentro deste segmento inclúense o colectivo de galegos separados ou divorciados que ven obrigados a retornar. Esta tendencia afecta ao 16,8% dos de entre 45 e 54 anos, que decidiron divorciarse ou separarse e non poden permitirse unha vida independente.

Tamén entrarían dentro deste grupo solteiros que perderon o seu traballo debido á crise económica e teñen dificultade para atopar un novo posto de traballo.

Este novo portal inmobiliario quere coñecer os intereses e costumes dos galegos no referente a vivenda. “A intención do portal é axudar a atopar inmoble e fornecer información valiosa ao mercado sobre temas que inflúen na toma de decisións das familias en todo o que rodea ao mercado inmobiliario con diferentes análises e estudos".



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)