Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

353 marcas en hostalaría



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Das 2.161 redes de franquías que operan no mercado español, as cadeas de hostalaría e restauración supoñen un 16% con centos de marcas. Se hai uns anos conquistáronnos os woks, a quinoa e os noodles, agora chegan o ramen, o sifu e o poke hawaiano.


“Toda a hostalería está a crecer a un nivel moi similar, aínda que hai varios que o están facendo con cocientes por riba da media: hamburguesas, cafeterías e restaurantes asiáticos, con entradas de importantes operadores estranxeiros nos dous primeiros subsectores e con conceptos de cuño nacional no terceiro”, comenta Miguel Ángel Oroquieta, socio director de T4 Franquicias.

Os conceptos gourmets e pratos internacionais xa son das principais preferencias dos españois. “O poke, a comida típica hawaiana de ensaldas de peixe, encaixa moito coas tendencias de consumo de contornas urbanas ao ser unha comida sa, fácil de preparar e ideal para levar, ademais de saborosa”, apunta Oroquieta.

Ramen Shifu, é un exemplo deste tipo de gastronomía con estilo rueiro, que dará que falar en 2018 cunha oferta de ramen variada son capaces de achegar ao consumidor ao afastado oriente. Nesta mesma liña, pero ambientado nun sushi bar, Sibuya crece con pratos xaponeses de alta calidade. E lonxe da restauración asiática, pero no marco da especialización gastronómica, chegan os valencianos de Ostras Pedrín: diferentes variedades e ao gusto de cada quen e para todos os petos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)