Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 40,8% do emprego en España é en empresas con menos de 10 traballadores



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Segundo os datos da OCDE publicados no seu recente informe “Entrepreneurship at a Glance 2017”, na maioría dos países as micro-empresas con menos de 10 traballadores supoñen unha parte importante do emprego total.


Entre esa serie de países está España, e en todos eles esas empresas superan o 40% do emprego total, mentres que noutros moitos se sitúan por riba do 30%. As cifras máis baixas entre os estados da OCDE corresponden a Gran Bretaña, Xapón e Estados Unidos, entre outros, onde existe un claro predominio da achega das grandes empresas ao emprego.

En Grecia, as micro-empresas case supoñen un 60% do emprego, mentres que en Italia se roza o 46% e se supera o 44% en Australia. Corea acada un 43,4% e Portugal un 41,6%. En España as empresas con menos de 10 trabajadores son practicamente o 95% do noso tecido empresarial e achegan un 40,8% do emprego. Nove países da OCDE sitúanse por riba do 30%, como é o caso de Eslovenia, Polonia, Bélxica, Hungría e Francia, por citar uns cantos.

Irlanda e os Países Baixos superan o 29%. As cifras baixan á contorna do 25% en Suecia, Austria e Finlandia. Dinamarca, Nova Zelanda e Israel quédanse por riba do 20%. Nos últimos lugares da clasificación están Alemaña (20%), Gran Bretaña (17,9%) e Chile (13,1%). A menor proporción do emprego nas micro-empresas rexístrase en Xapón cun 13,1% e en Estados Unidos cun 10,2%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)