Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un de cada tres novos autónomos en Europa é español



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Así o destaca un estudo da Asociación de Traballadores Autónomos (ATA), que pon de manifesto que deixar de traballar por conta allea para introducirse no mundo empresarial converteuse coa crise nunha tendencia dominante en España.


Pero xunto a esta tendencia, tamén son moitos os profesionais españois que sempre tiveron en mente emprender. Segundo outro estudo, esta vez realizado por Spaces, empresa adicada á oferta internacional de espazos de traballo, o 42,4% dos emprendedores españois sempre tivo como obxectivo crear o seu propio negocio.

E tamén están os que non sempre tiveron en mente montar un negocio, senón que foi o destino ou a súa situación persoal o que lles levou a facelo. Segundo este informe, o 32,6% dos españois que pensou en emprender, fíxoo a raíz da crise que se viviu nos últimos anos, xa sexa como saída ao desemplerego ou ao ver unha fiestra de oportunidade. Pola súa banda, o 14,5% dos emprendedores españois empezaron a pensar en emprender cando tiveron unha idea de negocio que viron con posibilidades de éxito.

E aínda que unha gran maioría de españois estaría disposta a embarcarse na aventura do emprendemento catro de cada cinco españois pensaron algunha vez en fundar a súa propia empresa, o 40,7% non se decidiu a facelo porque lle parece demasiado complicado levalo a cabo, e o 11,4% foi quen de facer o seu sono realidade e creou unha empresa, segundo indican os datos desta análise.

Motivos

O estudo, realizado entre máis de 1.000 persoas de toda a xeografía española, destaca as principais razóns polas que os profesionais desexan emprender un negocio. O motivo principal é o feito de poder tomar as súas propias decisións, segundo asegura un 42,4% dos entrevistados. A esta opción séguenlle a posibilidade de poder dar solta á súa imaxinación (16%) e a oportunidade de gañar máis diñeiro (15,7%).

O tecido industrial emprendedor é moi importante no noso país. De feito, nos últimos anos puidemos ver un verdadeiro boom de startups e emprendedores”, sinala Philippe Jiménez, country manager de Spaces en España, que engade: O certo é que toda persoa que teña unha bona idea e que atope unha boa oportunidade de negocio pode lanzar o seu proxecto profesional. Ois importante é que desenvolvan o seu negocio en espazos totalmente equipados e que teñan a oportunidade de relacionarse con outros profesionais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)