Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só o 3% dos pisos de bancos atópase en grandes cidades



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Unha de cada dúas destas vivendas está situada en municipios de menos de 20.000 habitantes e só o 13% en capitais de provincia. O 63% destes inmobles ten un prezo inferior aos 100.000 euros.


As vivendas propiedade de entidades financeiras anunciadas no portal inmobiliario idealista atópanse situadas, na súa maioría, en pequenas localidades: o 53% delas están en municipios cunha poboación inferior aos 20.000 habitantes, e o tipo de concello que concentra máis pisos de bancos é o que ten entre 5.000 e 20.000 habitantes (o 31% do total), seguido polas localidades de entre 20.000 e 50.000 habitantes (19%). Ademais, o 17% está situado en pobos de entre 1.000 e 5.000 habitantes, mentres que unicamente un 5% se localiza nos de menos de 1.000 persoas.

Só o 3% do total de vivendas procedentes de entidades financeiras á venda están localizadas en grandes núcleos cunha poboación superior ás 500.000 persoas, mentres que o 13% se sitúan en cidades de entre 100.000 e 500.000 habitantes e as que teñen entre 50.000 e 100.000 veciños dispoñen dun 11% do stock.

En canto aos prezos, o 63% dos pisos anunciados ten un custo inferior aos 100.000 euros, mentres que os que costan entre esta cantidade e os 150.000 euros supoñen o 22% da base de datos. Séguenlles as vivendas de entre 150.000 e 200.000 euros co 8%, e as de entre 200.000 e 300.000 euros co 5%. o 2% dos inmobles conta cun prezo superior aos 300.000 euros e os de máis de 600.000 euros non son significativos.

As superficies máis frecuentes entre a oferta inmobiliaria da banca son as comprendidas entre 80 e 100 metros cadrados (o 25% do parque) e o rango entre 100 e 140 metros cadrados (25%). Tamén son relevantes as vivendas de entre 60 e 80 metros cadrados (24%). O 10% dos pisos de bancos teñen menos de 60 metros cadrados, o 9% eentre 140 e 200, mientreas que os que teñen máis de 200 metros cadrados só supoñen o 8% do total.

Por provincias

Murcia é a provincia na que máis vivendas de banco hai no mercado en relación co número total de vivendas dispoñibles, xa que o 13,7% de todas as que se venden na rexión pertencen a unha entidade financeira. Séguenlle as provincias de Toledo (12,8%), Almería (12,1%), Castellón (12%), Lleida (11,4%) e A Rioxa (11%). Con taxas inferiores ao 10% sitúanse as provincias de Lugo (8,7% do stock), Tarragona (8,1%), Valladolid (7,9%), Zaragoza (7,8%), Huelva (7,5%). Cómpre sinalar tamén que Ourense se atopa entre as provincias con menor taxa de pisos de bancos, xa que non chega a superar o 3%, mentres que as da Coruña e Pontevedra están no tramo de entre o 3% e o 6%.

Na provincia de Barcelona a taxa de pisos de bancos acada o 3,2% do stock de vivendas dispoñibles, mentres que en Madrid se queda no 2,2%. As tres provincias vascas son os territorios nos que a relación é menor, xa que o 1% de todas as vivendas no mercado en Guipúzcoa e Vizcaia pertenecen a unha entidad financeira, por un 1,1% en Álava.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)