Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Prevención, sempre



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



O mellor que debería facer un empresa para xestionar riscos é "proxectar" un gran sinistro para calcular e saber os efectos que se poden producir e como reaccionar. “Ás veces os empresarios non son conscientes de que falar de xestión de riscos é falar de xestión do negocio”.


“A xestión de riscos é coñecer o risco e saber tratalo da mellor maneira”. Con estas palabras iniciaba Rogelio Bautista -Director de Clientes de Empresas en Zúric- a súa intervención nos Diálogos 2020, na sesión da Cátedra Fundación Inade. “Toda a organización debe ter presente que os sinistros ocorren”.

Reiterou en numerosas ocasións que toda a organización debe estar involucrada “xa que as ameazas non só afectan os xestores de riscos senón a todos e cada un dos que forman parte da empresa”. O coñecemento axuda a contextualizar e, simultaneamente, á toma de decisións; a proximidade ao risco axuda a evitar a improvisación. O relator tamén recalcou a importancia do coñecemento e da información. “Unha correcta xestión do risco vai desembocar nunha vantaxe competitiva respecto dos teus competidores”.

Unha vez terminada a exposición tocou o coloquio cos asistentes á sesión, entre os que estaban representantes da industria aseguradora como AON, BVC AartaiI e Zúric,  e empresas como Abeconsa, Armenteros Avogados, Gadisa, Grupo Calvo, Grupo Cándido Hermida, Grupo Puentes ou Macovi. Tamén estivo presente Autoridade Portuaria da Coruña. Os asistentes denunciaron que a pesar das dificultades sería necesaria a presenza en foros de debate de altos cargos e conselleiros delegados das empresas para que puidesen compartir experiencias sobre os problemas aos que se enfrontan en materia de xestión de riscos. Tamén apuntouse a conveniencia de que o departamento de xerencia de riscos dependa directamente do conselleiro delegado da empresa, aínda que tamén é común que dependa do departamento de asesoría xurídica.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)