Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O frío dispara en máis dun 14% a factura enerxética dos fogares



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Un consumo responsable permite aforrar entre un 10% e un 40%. O peto non é o único afectado polas baixas temperaturas, xa que un maior consumo enerxético xera tamén un maior custo medioambiental.


Así se desprende do último informe elaborado polo comparador de seguros de fogar Acierto.com, que revela que coa baixada das temperaturas se tende a subir o termostato un par de graos e a mantela encendida durante máis tempo. Sen embargo, aumentar a temperatura en tan só un grao dispara o consumo enerxético en ata un 7%. Por desgraza isto verase reflictido directamente na factura dos consumidores que, tras as últimas subas do gas e a electricidade, deberán reaxustar a súa economía doméstica. Pero, canto? En concreto terán que aboar entre 10 e 23 euros máis ao mes, en función do sistema co que conten. As cifras foron calculadas tendo en conta o gasto anual en calefacción eléctrica entre os 1.900 e os 2.200 euros e por gas natural entre os 760 e os 900 dos españois.

O incremento non só terá que ver coa calefacción de feito esta relación non é directamente proporcional e entra en xogo a potencia contratada, senón tamén con outros servizos como a auga quente. E é que a entidade estima que durante as xornadas máis frías se deixa correr ao menos un par de minutos máis baixo a ducha. Un aumento que obrigará á caldeira e ao termo a funcionar durante máis tempo e que deixará caer entre 20 e 40 litros de auga adicionais. Por non falar do custo medioambiental engadido, que medrará substancialmente.

Aqueles que teñan un vehículo tamén se verán obrigados a aumentar o seu presuposto para gasolina, pois o gasto en combustible dos coches pode elevarse entre un 10% e un 15% cando as temperaturas se achegan aos 0 graos centígrados, como é o caso destes últimos días. O motor necesita máis tempo para quentarse e maior inxección de combustible. As baterías que reducen o seu rendemento e obrigan ao motor a traballar máis- e o uso da calefacción no interior do automóbil tampouco axudan a atenualo.

Consumo responsable

Pero, tal e como apunta Acierto.com, aforrar en calefacción e preservar a contorna é posible. De feito, os expertos apuntan a un aforro de entre o 10% e o 40% se se leva a cabo un consumo responsable. Para empezar, o ideal será manter a casa a unha temperatura constante que estea entre os 19 e os 21 graos. Pola noite bastará con deixala entre os 15 e 17 graos.

Para aqueles que teñan caldeira, facerse cun termostato intelixente, capaz de encenderse e apagarse cando a casa chegue a unha determinada temperatura e adaptarse aos seus hábitos e estancias, tamén será clave. “Hainos incluso que se conectan aobil do usuario e que se activan por xeolocalización cando detectan que a persona se achega”, comenta Carlos Brüggemann, cofundador de Acierto.com. Revisar os radiadores é outro punto imprescindible, xa que é posible que non quenten axeitadamente se ten aire dentro do circuito. Para incrementar a difusión da calor poden colocarse láminas reflectantes ou lozas sobre eles.

Resulta recomendable ventilar nas horas centrais do día, cando faiis calor no exterior. Bastará cuns cinco minutos. A instalación de dobre fiestra, unhas cortinas grosas e outros materiais illantes son outros elementos que axudarán. De feito e segundo a IDAE, ata un 30% das necesidades de calefacción ven por perdas de calor orixinadas nas ventás. O mesmo ocorre pola noite, cande as persianas atenuarán a sensación de frío.

Respecto ao aforro en auga, bastará con aplicar o sentido común: non deixala correr máis do necesario, abandonar os baños en favor das duchas, poñer os electrodomésticos que a usen cando estean completamente cheos, instalar dosificadores e aireadores que reducen o caudal, incluír un sistema de dobre botón na cisterna, etcétera.

Comparar tarifas

Neste ámbito, igual que no dos seguros, é moi importante comparar”, incide Brüggemann. “Cotexar as tarifas que ofrecen as diferentes compañías, escoller unha que se adapte aos nosos hábitos horarios e necesidades de consumo convertéronse en accións imprescindibles para aforrar”, engade. Por fortuna, actualmente nove de cada dez españois comparan antes de comprar, algo que se aplica a toda clase de servizos. Ademais e no ámbito do fogar, outra maneira de aforrar a longo prazo esé contratar un seguro de fogar que cubra os electrodomésticos cando sufran unha avaría como consecuencia dunha tormenta, cortes eléctricos e demais, que ás veces acompañan ao mal tempo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)