Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Dribo, a nova 'app' para sacar o carné de conducir



PUBLICADO O 08 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



A empresa fundada por catro emprendedores de Barcelona ten éxito e semella que máis terá. Permite sacar o teórico dende o móbil por 149 euros máis as prácticas (a app é gratuíta). O prezo inclúe taxas, tramitación e exames. A plataforma rexistrou en só tres meses máis de 8.000 descargas.


Veñen de conseguir 250.000€ na primeira rolda de financiamento que irán a consolidar o proxecto e ampliar o equipo entre capital público e privado. Tamén mellorarán a calidade dos servizos e seguirán expandíndose por España. A parte teórica realízase a través da app (mLearning), mentres que a práctica a través de vehículos propios e acordos con autoescolas (marketplace).

A rolda de financiamento está liderada por capital privado con investidores profesionais de Deloitte, Cuatrecasas, BCG (Boston Consulting Group), McKinsey & Co, Amazon e Antai (Wallapop, Cornerjob ou Deliberry), así como por capital público co apoio de ENISA Novos Emprendedores.

Segundo Enric Romeu, CEO e Co-fundador, “a plataforma nace para facilitar o acceso á mobilidade e de formar aos novos condutores e condutoras na responsabilidade que supón poñerse ao volante”. Ao que engade: “Non queremos que os mozos só memoricen preguntas, senón que comprendan o novo rol que van ter. Esta solución dixital  presentan un método propio único en Europa, que ten na gamificación un dos factores diferenciais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)