Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Comeza a IV edición do Conecta Peme 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación en Lugo xunto coa Fundación da Confederación de Empresarios de Lugo. Esta edición pecha o 8 de marzo. Desta vez valoraranse especialmente os proxectos próximos ao mercado e recibirán máis puntuación os que creen máis emprego.


O orzamento medra un 8% respecto da anterior, acadando os 27 millóns de euros. Con este investimento público espérase mobilizar un total de 50 millóns de euros a través duns 70 proxectos de I+D+i.  Ademais, aumenta de dous a tres o número mínimo de empresas que deben participar no consorcio e limítase a intensidade da axuda para as empresas que participen en tres ou máis proxectos.

Para concorrer cómpre formar unha agrupación de empresas, entre tres e seis, formadas por alomenos unha peme e como máximo unha grande. O orzamento dos proxectos debe ser de entre 500.000 e 1,5 millóns de euros e a intensidade da axuda varía dependendo do tamaño da empresa e do tipo de proxecto, chegando aos límites máximos permitidos por Europa. Os proxectos deben estar aliñados cos retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e valorarase positivamente a participación dun organismo de investigación.

Nos vindeiros días celebrarase esta xornada de presentación que houxo houbo en Lugo, da convocatoria en Vigo, A Coruña e Ourense.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)