Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Exemplo de cooperativismo internacional



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Delagro expuso o seu modelo empresarial de éxito no 1º Congreso para a Integración, a Competitividade e o Crecemento Económico Intelixente das Cooperativas Agroalimentarias.


Tras dous días de debates e conferencias, onte rematou en Vitoria este encontro, no que a cooperativa galega Delagro interveu xunto a sete cooperativas de España (Coopaman, Paturpat, Ovo 12, Valle del Jerte e Delagro), Francia (Caves de Rauzan) e Portugal (Vercoope e Agros) presentando as súas estratexias de intercooperación e innovación, e no que o seu director, Carlos Castro, afirmou que a entidade é “un exemplo de éxito de colaboración cooperativa entre sociedades de países limítrofes, neste caso Portugal, e entre outras sociedades cooperativas españolas”.

Na súa intervención, tamén destacou a confianza como unha das claves: “As relacións entre distintas partes teñen un gran compoñente persoal e é necesario que os actores teñamos completamente claro o destino e o camiño a percorrer”, dixo. Ademais aconsellou, para acadar a excelencia, “compartir valores comúns esenciais como a calidade nos servizos e produtos, e as inquietudes por buscar novos nichos de negocio”. E respecto a un dos obxectivos do congreso, a intercooperación, Castro afirmou que “é necesaria”, xa que “nunha contorna cada vez máis competitiva e concentrada, quen non avance nesta dirección non ten futuro”.

Por outra banda, José Manuel Peláez, responsable de Produción Animal de Delagro, falará hoxe en Santiago de Compostela sobre a evolución do uso de antibióticos en vacún leiteiro e os cambios que lle afectarán a curto prazo, durante unha xornada sobre o Uso Responsable dos Medicamentos en Vacún”, organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), entidade partner do proxecto Agrosmartcoop.

Cofinanciado nun 75% pola UE Feder, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V-B Europa Suroccidental (Interreg Sudoe 2014-2020), este proxecto ten como obxectivo crear un espazo para a integración, competitividade e crecemento económico intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural Sudoe, e dispón dun presuposto total de 1.295.000 euros (axuda Feder: 971.250,00 euros). Participan cooperativas de Castela-A Mancha, Estremadura, Galicia, País Vasco, Norte de Portugal e Nouvelle Aquitaine (Francia).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)