Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Fundación Barrié entrega a súa Medalla de Ouro a Padre Rubinos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Con esta distinción, a máxima que outorga, quere recoñecer o importante e necesario labor de profundo calado social que a Real Institución Benéfica Social coruñesa vén desenvolvendo dende 1918.


A Comisión Delegada da Fundación Barrié acordou por unanimidade conceder a Medalla de Ouro desta institución a Padre Rubinos como un acto de homenaxe no seu centenario. Entre os galardonados que recibiron esta distinción destacan La Voz de Galicia e personalidades como o Papa Juan Pablo II, os Reis Eméritos Don Juan Carlos e Doña Sofía ou o Rei Don Felipe VI cando era Príncipe de Asturias, entre outros.

 

Esta Medalla de Ouro complementa a Medalla de Plata que a Fundación Barrié concedeu ao propio Padre Rubinos en 1983, a título póstumo, por iniciativa da súa presidenta, Carmela Arias y Díaz de Rábago, quen, dende os inicios e ata o seu falecemento en 2009, apoiou á institución cun compromiso persoal e económico, tanto dende a Fundación Barrié cuxo investimento supónis dun millónde euros, como co seu propio patrimonio.

A día de hoxe a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos converteuse nun referente do bo facer e de solidariedade coas persoas vulnerables e cos que sofren os problemas de desarragamento ou riscos de exclusión, atendéndoos en varios centros como a Residencia Padre Rubinos, a Escola Infantil Carmen Cervigón e o Albergue.

O acto de entrega da Medalla de Ouro da Fundación Barrié terá lugar o próximo 2 de marzo na súa sede da Coruña e contará coas intervencións de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié, e Eduardo Aceña, presidente da Real Institución Benéfica Social Padre Rubinos. O acto clausurarase cun concerto a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)