Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 15% das empresas prevé crecementos do cadro de persoal en 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Só unha de cada tres empresas con crecementos de facturación prevé aumentar o seu número de traballadores. Baleares (25%) e Canarias (20%) son as comunidades autónomas que rexistrarán un maior dinamismo do emprego.


2018 será un bo ano para o emprego. un limitado 1% das empresas españolas prevé un retroceso en canto ao seu número de traballadores. Son datos que proceden dun amplo estudo que analiza o tecido empresarial español: as preto de 300.000 entrevistas que realizou Iberinform en 2017 aos equipos xestores das empresas españolas.

Os datos positivos contrastan, sen embargo, co 43% de empresas que prevé rexistrar crecementos na súa facturación. A contorna de crecemento das vendas ten un impacto positivo, pero non equivalente, na creación de emprego. Dito de doutro xeito: de cada tres empresas que espera medrar en vendas, só unha creará novo emprego. Tras anos de axuste para gañar competitividade, as empresas amósanse moi prudentes á hora de trasladar os incrementos na facturación a un aumento de persoal.

Entre as empresas adicadas á agricultura e á gandeiría, un 21% espera crecementos a curto prazo. O segundo sector con maior dinamismo do emprego é a construción, onde esta porcentaxe acada o 19%. En canto ás comunidades autónomas, en todas elas a porcentaxe de empresas que prevén incrementos de persoal supera con creces á das que traballan con escenarios de caída, pero as diferenzas son significativas. As porcentaxes máis elevadas de empresas que traballan con escenarios de crecemento de persoal danse en Baleares (25%), Canarias (20%) e Andalucía (18%), mentres que caen sensiblemente na Rioxa (9%) e Navarra (9%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)