Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cómpre recuperar a forza galega na xeración eólica



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



O presidente de EGA asegura que a enerxía eólica “abaratou un 20 por cento” o prezo da electricidade. José Manuel Pazo Paniagua, insiste en que temos unha “excelente oportunidade” de ser unha referencia europea nesta fonte tras unha etapa de estancamento. O obxectivo do sector para 2020 é volver á cifra de 5.600 empregos directos.


A favor teríamos a aprobación en outubro da nova lei galega de fomento empresarial e  “o impulso na tramitación de 18 novos parques eólicos realizado en decembro pola Xunta, que deben entrar en funcionamento antes de 2020”. Os 5.600 empregos directos que cira eran os que había en 2004, e a máis longo prazo, en 2030, poderíase sumar 4.000 MW novos, duplicando a tanto a potencia instalada como o emprego.

Na mesa redonda sobre renovables e eficiencia enerxética que se celebrou no Palexco da Coruña este venres, participaron relevantes expertos e directivos do sector, como parte do programa da xornada sobre a transición cara a un novo modelo enerxético en Europa, promovida pola delegación española dos Socialistas e Demócratas do Parlamento Europeo.

O titular de @EGA, sinalou na súa quenda que ve ben os prazos establecidos para a chamada descarbonización, que debe estar completada en 2050 segundo a directiva da Unión Europea, “debido a unha complexa adaptación do sistema eléctrico”. Tamén considera “moi importante” a recente recomendación do Parlamento Europeo de pasar do 27 ao 35 por cento o obxectivo de renovables para o ano 2030.

O presidente da patronal do sector sostén que canta maior electricidade procedente de enerxía éolica haxa no sistema, o recibo da luz abarátase: “O ano pasado, grazas á achega eólica, o prezo medio do mercado eléctrico reduciuse un 20 por cento”. En referencia aos dous últimos meses, xaneiro e decembro, a achega eólica en España reduciu 20 € o megawatio, un total de 400 millóns de euros.

O presidente de @EGA articulou o seu discurso sobre a “imperioso necesidade” de consenso político, pedagoxía social e seguridade no sistema eléctrico, financeiro, administrativo e fiscal. EGA defende unha maior contribución das enerxías renovables, a coordinación dos organismos con competencia a nivel nacional e autonómico, a mellora do proceso produtivo con innovación e un marco regulatorio estable que permita atraer os investimentos necesarios para levar a cabo a transición enerxética.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)