Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As renovables xa supoñen un 17,3% do consumo de enerxía en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



Esta porcentaxe sitúase por riba da media da Unión Europea, que en 2016 acadou un 17% cun leve avance respecto ao ano anterior, cando pechara cun 16,7%. Nestes momentos, xa hai 11 países europeos que acadaron os obxectivos fixados para 2020.


A proporción de enerxías renovables en no consumo final bruto de enerxía é un dos principais indicadores da Estratexia Europa 2020. A UE no seu conxunto pretende acadar no ano 2020 unha media do 20% de achega de fontes renovables ao consumo final bruto de enerxía. Pero non todos os países teñen os mesmos obxectivos. España, por exemplo, deberá lograr un 20%, mentres que Suecia se fixou como meta chegar a un 49% e Letonia pretende conseguir un 40%.

Suecia ten, con diferenza, a maior proporción de fontes renovables no consumo final bruto de enerxía cun 53,8%. Finlandia acada un 38,7% e Letonia un 37,2%. Austria rexistra un 33,5% e está moi preto do seu obxectivo para 2020, mentres que Dinamarca xa o superou cun 32,2%. Estonia, Portugal e Croacia sitúanse por riba do 28%, ao tempo que Lituania e Romania están arredor do 25%. Eslovenia chega ao 21,3% e Bulgaria ao 18,8%. Italia rexistra un 17,4%. En 2016, España avanzou algo máis dun punto e supera a media da UE ao acadar un 17,3%.

Francia xa se queda por debaixo da media cun 16%, ao igual que ocorre en Grecia, a República Checa e Alemaña con cifras próximas ao 15%. Polonia, Chipre e o Reino Unido apenas superan o 9%, mentres que Bélxica se sitúa nun 8,7%. Os países na cola da UE son Malta, Holanda e Luxemburgo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)