Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

10 trucos para evitar estafas ao mercar en Internet



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



A plataforma de medios de pago Klik & Pay desvela as precaucións necesarias para evitar estafas cando se compra a través da rede, sobre todo nesta época de rebaixas que tamén afecta ao comercio online


Preséntase unha grande oportunidade para os consumidores para conseguir choios, pero tamén pode ser unha ocasión de ouro para os estafadores e hackers en Internet, aproveitando o pulo das vendas dos e-commerce. Neste contexto, Klik & Pay recomenda aos consumidores unha serie de precaucións para evitar caer nas redes dos estafadores. Estes son os 10 consellos que enumera para evitar estas fraudes:

1. Se unha oferta parece demasiado boa para ser certa, probablemente non o sexa. Esta é a regra de ouro. Débese ter moito coidado con todas as ofertas a prezos imposibles que chegan cada día por correo electrónico ou que existen en determinadas webs.

2. Revise os textos que acompañan á promoción. O estilo errático, os erros ortográficos e gramaticais ou as incoherencias son un claro síntoma de que se atopa ante unha estafa.

3. Evite facer clic nos enlaces ou descargar arquivos adxuntos. Coa alerta encendida ante webs e correos electrónicos tan sospeitosos polos seus textos ou prezos imposibles, realizar calquera destas accións será como se abrésemos a porta aos estafadores.

4. Fíxese no nome do remitente ou da web. Unha vez analizado o texto e o prezo, se cre que a oferta pode ser lexítima, fíxese na dirección web da tenda online e no e-mail do remitente. Se non son máis que unha sucesión incongruente de letras e números, con toda probabilidade está ante un estafador.

5. Introduza a súa información persoal e de pago só en sitios que estean apoiados por unha conexión cifrada. Xa dentro dunha tenda online, teña en conta esta norma pola súa seguridade. Para saber se pode confiar nunha determinada tenda online, busca un cadeado verde na barra de direccións do seu navegador. O cadeado significa que a conexión é segura, polo que os ladróns non poden robarlle a información. Se fai clic no cadeado, verá toda a información de provedor do sistema de pago que utiliza esa tenda.

6. Coide os seus contrasinais. Á hora de rexistrarse nunha tenda online, o comezo do ano podería ser un bo momento para pensar en utilizar un administrador de contrasinais. Os desenvolvedores destes sistemas contan con potentes ferramentas de cifrado e algoritmos para evitar que os contrasinais caian en mans indesexadas. É moi probable que os compradores se abran novas contas durante este período de rebaixas, o que significa que terán novos contrasinais que lembrar e apuntalas nun caderno non é o máis seguro. Un administrador de contrasinais fai que sexa moito máis doado utilizar diferentes combinacións para as súas distintas contas, o que lle leva a non repetir sempre os mesmos, xa que o lembrará todo por vostede. Deste modo, se unha das súas contas se ve comprometida, a persoa que logrou entrar nela non poderá acceder ás súas outras contas.

7. Sospeite dos que lle piden máis información da necesaria. Nos rexistros, manteña a súa información persoal na súa esfera privada. Ningún sitio online lexítimo necesita información como os nomes dos seus pais ou o seu número da seguridade social. As compañías de tarxetas de crédito tampouco piden as súas claves a través de Internet ou o teléfono. Se non quere sufrir un roubo de identidade, mantéñase afastado destas solicitudes sospeitosas de información.

8. Compare prezos e fuxa das falsas ofertas. Non hayi que coidarse só dos delincuentes, estafadores e ladróns de contrasinais. Tamén hai que ser moi precavido coas presuntas ofertas. Non sempre os anunciados descontos do 50% ou o 70% son así. É moi habitual descubrir prezos similares, ou incluso máis baratos, nun mesmo produto en distintas épocas do ano e noutros puntos de venda.

9. Revise as tarifas de envío da tenda online e verifique a súa política de devolucións. Así poderá evitar sorpresas desagradables no proceso de compras. A mdo, os prezos máis competitivos en nunha comparativa de tendas online dilúense cando se ve como o custo de envío se come a anunciada rebaixa.

10. Evalúe as recensións e críticas. Faga unha investigación sobre o produto e vendedor no que está interesado e lea as recensións que outros usuarios puidesen escribir en sitios independentes. Se non atopa recensións, ou a maioría do que lee é negativo, merece a pena aceptar o risco?



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)