Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 10% das ideas de emprendedores atendidos por AJE Vigo en 2017 acabaron en negocio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE FEBREIRO DE 2018 · (0)



O 85% das consultas solicitadas na asociación de novos empresarios para poñer en marcha unha empresa corresponderon a persoas desempregadas e o 10% a xente que quería emprender no mesmo sector no que traballaba.


En total foron 300 os emprendedores atendidos pola asociación o pasado ano, dos que moitos non puideron ver feita realidade a súa idea pola falta de financiamento para desenvolver o seu proxecto. Unha gran parte das persoas asesoradas en AJE contaban con titulación universitaria (o 80%) e unha alta porcentaxe (o 95%) tratábase de homes cunha media de idade de 35 anos ou de mulleres de 32. Por sexos, o 65% das consultas realizadas corresponderon a homes.

Na maioría dos casos, os asesoramentos centráronse en coñecer que trámites se deben realizar para poñer en marcha unha empresa, que axudas hai dispoñibles en cada unha das administracións e que vías de financiamento son posibles. Na súa maioría, os emprendedores enfocaran as súas ideas ao sector servizos, encabezado por iniciativas relacionadas coa restauración e o comercio minorista. Tamén foron numerosas as ideas relacionadas coas tecnoloxías. O 90% dos emprendedores procedía de Vigo e, en menor medida, de municipios limítrofes como Redondela, O Porriño ou Tui.

En canto á actividade formativa, na asociación desenvolvéronse ao longo de 2017 case medio cento de actividades. Talleres (de subvencións, declaración de renda, emprendedores, wordpress, etc), auditorías de posicionamento web, cursos sobre distintas habilidades para empresarios, cursos de ciberseguridade ou accións para difundir as novidades da Lei de Autónomos foron as actividades máis numerosas. Unhas 500 persoas participaron nestas actividades, das que máis de 350 foron mulleres.

Outra das actividades desenvolvidas ao longo de 2017 foron os encontros mensuais de networking nos que as empresas asistentes tiveron ocasión de ampliar a súa rede de contactos. Destaca o máis numeroso de todos eles, celebrado en Gaiás, en Santiago de Compostela, que congregou a 150 empresas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)