Actualidade
Os tres meses de Losán
09 feb 2026 0
O persoal do grupo madereiro galego rolda as 200 persoas entre os centros de Curtis, Vilasantar e as oficinas da Coruña, pero son uns 800 traballadores se sumamos as naves de Castela-A Mancha e Castela e León, todos con tres meses sen cobrar.
O xoves 12 voltarán manifetsrase, desta vez ante a Consellería de Industria en Santiago de Compostela, pero tamén o fixeorn en Madrid e A Coruña. Piden á Sepi que actúe con urxencia para garantir o emprego e a continuidade da actividade da segunda maior madeireira galega por volume de negocio tras Finsa.
Syspro Automation pasa a mans de Kowa
06 feb 2026 0
Un dos grandes conglomerados empresariais de Xapón, comprou a empresa galega cuxo CEO é Antonio Peña, especializada en automatización e validación de plantas farmacéuticas con sede no polígono de Porto do Molle. O custo da operación non se deu a coñecer.
As instalacións da sede de Nigrán (na imaxe) teñen 2.300 metros cadrados e a maiores dispón de centros de traballo en Madrid, Lisboa (Portugal), New Xersei (EE.UU.) e Bassel (Suíza). Factura preto de 9 millóns de euros e o persoal pasou de 28 empregados no 2016 a dispoñer dun equipo internacional de máis de 130 enxeñeiros.
Aprobado raspado
05 feb 2026 0
O Círculo de Empresarios de Galicia prevé un ano con máis facturación pero menos marxe, alertando asobre elevada taxa de paro xuvenil, absentismo laboral e exceso de intervención da Administración.
Galicia "evoluciona ben", pero mantén un PIB per cápita por baixo da media nacional segundo a Enquisa Empresarial Círculo 2025, un estudo estatal elaborado a partir das respostas de máis de 370 empresas. Un día despois da presentación en Vigo, Maria Borrás, presidenta do Círculo, publicaba un artigo falando precisamente do absentismo, “consideramos imprescindible abordar este tema con rigor evitando simplificacións que distorsionen o diagnóstico e, en consecuencia, as posibles solucións".
A asociación de pacientes Art for Dent reúnese cos investigadores do IDIS
03 feb 2026 0
A asociación de familias dos pacientes que sofren a enfermidade de Dent, acudiu ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para coñecer os avances realizados polo Laboratorio de Xenética de Enfermidades Renais NefroCHUS. Os investigadores Pablo Pedrosa e Marta Vecino explicáronlles o proxecto que están a levar a cabo para identificar biomarcadores de detección temperá da enfermidade e desenvolver novos fármacos que melloren o tratamento.
Fenda de xénero no ensino, os mozos abandonan máis os estudos
29 xan 2026 0
Galicia pecha 2025 cunha taxa abandono escolar do 10,4%, por baixo da media estatal ( do 12,8%), pero superando a taxa da UE do 9,5% (2024). España só está mellor que Romanía.
Pero desagregando por sexos a taxa é case o dobre no caso dos homes que das mulleres (13,5% fronte a 7,2%), algo similar aínda que mellor á media española (15,8% fronte a 10%). A Consellería de Educación estableceu algunhas medidas no Plan FPGal360 para actuar neste colectivo e afirma que “empeza a dar os primeiros froitos, pois a taxa entre os homes diminuíu 1,5 puntos” pendentes agora de que arranque outro proxecto para incidir neste eido: EdugalIA, que incorporará a IA, cun orzamento de 16,5 M€ licitarase nuns días.
Un modelo avanzado de econsulta entre Atención Primaria e Cardioloxía incrementa a capacidade resolutiva non presencial
29 xan 2026 0
O estudo publicado en European Heart Journal Open valida unha iniciativa innovadora realizada desde a práctica clínica. Impulsado polo xefe de servizo de Atención Primaria da Estrada, Juan José Sánchez Castro, conta coa participación de investigadores do IDIS e a USC


