ABRIL 2026


Contidos

Actualidade

1.925 millóns de euros en compras a 490 provedores galegos e melloras no emprego

11 mai 2026 0

190 toneladas de castaña, 2 millóns de botellas de viño, 7.900 toneladas de pito, 430 de chourizo e lacón, 12.700 toneladas de empanadas e 1.800 de queixos son algúns dos produtos de orixe galega que merca a cadena de supermercados Mercadona.

A maiores, e a nivel laboral, a empresa afirma que os traballadores (máis de 3.000 persoas en 62 supermercados) teñen unha semana máis de vacacións e consolidaron poder adquisitivo cunha suba de salario superior a 8%, ademais de ter “unha política de retribución variable coas primas por obxectivos, dúas mensualidades aos traballadores con menos de catro anos, e tres aos que superan esta antigüidade”.



El Puerto de A Coruña acogerá el 26 de mayo los Diálogos Internacionales Humboldt

11 mai 2026 0

En un contexto de creciente presión sobre los ecosistemas globales del planeta, la Autoridad Portuaria de A Coruña y el Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) celebrarán el 26 de mayo los “Diálogos Internacionales Humboldt”. Es la cuarta edición de una jornada que, esta vez, reunirá a expertos nacionales e internacionales para abordar los límites ambientales del planeta y el papel estratégico de la Amazonía en su equilibrio.



A planta galega de Ferrogloble traballa con matemáticos para mellorar o funcionamento dos seus enormes fornos

11 mai 2026 0

A única produtora de silicio en España espera obter produtos de alta calidade para unha industria que precisa del para chips, paneis fotovoltaicos, baterías, siliconas e aleacións de aluminio. A compañía presente en Europa, América, África e Asia con máis de 50 fornos ten en Arteixo o Centro de Innovación para todo o mundo, ademais de varias minas de cuarzo en Galicia. 

Neste marco de colaboración entre investigadores e sector productivo, o 22 de maio a sede do CITMAga reunirá nunha cita híbrida a matemáticos e a representantes de empresas para abordar como resolver problemas que afectan á industria. 



30 novas empresas, máis facturación e tres veces máis traballadores cualificados

08 mai 2026 0

Pasouse de 1.868 a 5.693 profesionais en nónima, por riba do obxectivo do 25%. Son os resultados que guinda o sector biotecnoloxico galego tras recoller datos do último lustro. A facturación situouse en 2.037 M€ cando o obxectivo inicial era chegar aos 660 M€. Tanto pola expansión das empresas como pola incorporación de  tractoras de gran tamaño que empregan a biotecnoloxíaA creación de dous fondos de capital risco especializados consolida a entrada do sector no radar do capital privado.   

En Españ o sector achega o 1,1% do PIB nacional con Barcelona, Madrid e Galicia. como principais polos.



A Coruña y Ferrol reciben 100 millones de fotos europeos para adaptarse a la industria eólica marina

07 mai 2026 0

El Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE) ha publicado la resolución provisional de las ayudas correspondientes al programa PORT-EOLMAR, destinadas a la adaptación de los puertos españoles al despliegue de la eólica marina. Según consta en la resolución, los puertos exteriores de A Coruña y Ferrol recibirán un total de 100 millones de euros para preparar sus infraestructuras para la industria eólica offshore.



Un ensaio clínico realizado en Santiago redefine cando espertar a pacientes tras trombectomía por ictus

07 mai 2026 0

Un ensaio clínico publicado na prestixiosa revista JAMA Neurology achega novas evidencias sobre o manexo de pacientes con ictus isquémico tratados mediante trombectomía baixo anestesia xeral, unha estratexia que nos últimos anos se consolidou como preferente pola súa asociación con mellores taxas de reperfusión e mellores resultados clínicos.



Publicidade

...