O aumento do cultivo de cebada na Limia beneficia ás súas patacas
11 ago 2026 0
Tras da chegada do millo nos séculos XVII e XVIII, a cebada deixou de usarse para facer pan, desprazouse das mellores terras. Pero non desapareceu, mantívose para alimentar gando e como cultivo resistente en zonas máis secas. En épocas de escaseza ata como substituto do café.
Hoxe estamos ante un cultivo con perspectivas de rendibilidade acadando as 850 hectáreas da man do proxecto Colleita de Galicia, de Hijos de Rivera, xunto a unha das empresas de Sandra Ortega, Sementares. Ademais, a rotación de cultivos alimenta unha relación moi positiva entre cebada e pataca.
Seguiremos co ancho de vía diferente á Europa continental malia as demandas dos empresarios
10 ago 2026 0
Unha análise técnico-económica do Ministerio de Transportes e ADIF recolle que o custo de substituír toda a rede calcúlase entre 20.000 e 30.000 millóns e que as obras durarían 30 anos. Tamén falan de “escasa rendibilidade socioeconómica” en liñas secundarias ou con escaso tráfico transfronteirizo.
Para desmontar esta postura os empresarios da CEP apóianse nun recente estudo da Agrupación Industrial da Función Loxística de Galicia que demostra a existencia de fluxos de comercialización reais e suficientes para xustificar o investimento.
Na procura de xente para unha vendima que será, seguramente, de récord
06 ago 2026 0
Unha vendima madrugadora comeza a mobilizar aos consellos reguladores e as adegas, que andan na procura detemporais. O ecosistema das cinco Denominacións de Orixe xera arredor de 4.500 empregos directos vinculados estritamente á recolección e loxística da uva. Debido á urxencia, parte importante canalízase a través de empresas de traballo temporal; de feito, só a compañía Randstad xestiona 1.600 destes postos temporais.
Calcúlase unha colleita duns 81 millóns de quilos de uva.
O diésel afunde, as vendas caen máis dun 40% en xullo salvo dúas excepcións
06 ago 2026 0
Perde folgos a pasos axigantados entre os compradores galegos e do resto de España. Así o confirman os últimos datos de matriculacións das patronais: Anfac (fabricantes), Faconauto (concesionarios) e Ganvam (vendedores e mecánicos).
Malia a desaparición en coches novos mantense forte en dous redutos: mercadorías (furgonetas e camións) e segunda man, con forte demanda por parte de condutores que fan quilometraxes anuais en estrada de máis de 20.000 km. Aínda así o sector no seu conxunto encara meses de boas vendas.
O almacenamento hidráulico desata unha carreira enerxética con nove proxectos en xogo
05 ago 2026 0
Estamos ante un novo sector das renovables que pode crecer moito nos próximos anos tras do apagón de 2025. Un sistema para almacenar electricidade transformándoa en enerxía en forma de auga acumulada a grande altura. Actúa como unha "batería xigante" para a rede eléctrica.
Detrás dos nove expedientes que o MITECO mantén en estudo para Galicia hai multinacionais enerxéticas e importantes promotores con capital 100% galego. Tasga, Valtalia e Hidroeléctrica de Oia compiten con Naturgy, Iberdrola, Magtel e o Grupo Cuerva.
As Pontes, tamén escollida por Indra para unha nova fábrica de vehículos militares impoñéndose a Langreo
31 xul 2026 0
A pugna por albergar a nova planta rematou tras desbotarse a opción asturiana por dificultades técnicas. Así que a compañía investirá en Galicia 18 millóns de euros para acondicionar instalacións que farán vehículos anfibios, blindados e artillería.
Tras do peche da central térmica de Endesa en 2023, a zona converteuse nun polo de atracción para o hidróxeno verde, as enerxías renovables, a biomasa e a industria circular onde invisten, entre outros, Reganosa e EDP Renovables, Endesa, diversos promotores de biogás e Sentury Tire cos seus neumáticos.
Os tres catedráticos de universidades galegas que levan o Premio Nacional de Investigación 2026
30 xul 2026 0
Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da USC; Laura Castro Santos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol (na imaxe); e Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais (iMATUS), vén o recoñecemento aos seus traballos sobre saúde, enxeñería e ciencia de materiais.
Carracedo é un referente internacional en xenética, Laura Castro Santos é a primeira muller en Galicia en lograr a cátedra en Construcións Navais, e Carmen Álvarez é unha figura clave na ciencia de biomateriais aplicados á saúde.
O IDIS volve liderar o uso de IA na contorna sanitaria coa creación dun buscador de ensaios clínicos do CHUS pioneiro en España
29 xul 2026 0
O grupo Hematoloxía computacional e xenómica do IDIS, que dirixe Adrián Mosquera, creou un buscador de ensaios clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela con IA, o que converte o CHUS no primeiro hospital español con esta tecnoloxía e o IDIS en pioneiro neste ámbito.
Pulverizada a marca orzamentaria: dispoñeremos de máis de 15.000 millóns para 2027
27 xul 2026 0
O executivo autonómico elevará a capacidade de gasto un 5,5% apoiándose exclusivamente en recursos ordinarios. As prioridades desta inxección son as esperadas, servizos públicos esenciais xunto con innovación tecnolóxica. Pero tamén acceso á vivenda e cartos para o Xacobeo de 2027.
A folla de roteiro fiscal descansa sobre un cadro macroeconómico de prudente optimismo. Facenda prevé para 2027 un crecemento do PIB galego do 1,9% e unha caída do desemprego ata o 7,7%. Esta perspectiva de expansión aliñada co contexto estatal conta co respaldo dos principais gabinetes de estudos.
Os hoteis galegos arrincan o verán superando o millón de noites malia a subida de prezos
27 xul 2026 0
O turismo nacional impulsa a ocupación en xuño de 2026 cun notable crecemento tanto en número de visitantes como en rendibilidade. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), superaron o millón de noitadas, un incremento do 3% respecto ao mesmo período do ano anterior.
Pero tamén son máis caros: o Índice de Prezos Hoteleiros (IPH) medrou un +8,21% en Galicia fronte ao +5,6% do conxunto de España. Como dato interesante cómpre salientar que temos unha oferta de entre 120 e 200 aloxamentos turísticos á venda, cifra que se amplía se temos en conta as operacións xestionadas con confidencialidade para protexer a operativa dos negocios.
Como se coordinan forzas para abordar os lumes o antes posible
23 xul 2026 0
As patrullas militares -suman uns 100 efectivos- fan tarefas de vixiancia e alerta, percorren as pistas forestais en blindados lixeiros ou todoterreos con roteiros variables. Se detectan fume o comunican aos centros de control de Medio Rural que son os que mobilizan aos máis de 7.000 efectivos.
Para este ano quérese adiantar o inicio do despregamento ao 10 de agosto e ata o 25 de setembro. Tamén estréase ALume, unha app para que a xente poida alertar enviando localizacións, fotos e audios.
Abre o prazo de presentación de candidaturas ao VIII Premio de Investigación en Cardioloxía Ramiro Carregal
23 xul 2026 0
O empresario e mecenas arousán Ramiro Carregal convocou unha nova edición do Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía. Trátase da oitava edición deste galardón, dotado con 30.000 euros, e cuxo prazo para presentar candidaturas estará aberto até o 16 de outubro.
Recursos de Galicia (RDG) inicia o camiño para duplicar o seu capital
22 xul 2026 0
A sociedade público-privada marcouse acadar entre 100,6 e 150,9 millóns, partindo dos 43,6 actuais.
O proceso está aberto a calquera empresa ligada á comunidade con dúas restricións: non poden entrar firmas cuxa fonte de ingresos principal proceda do sector mineiro ou enerxético, e esíxese ter domicilio social corporativo en Galicia. Hai tres compañías privadas que xa formalizaron o seu interese por sumarse ao accionariado.
O tren de mercadorías busca captar un millón de toneladas anuais cun potencial de 24 novos trens semanais
21 xul 2026 0
Esta cantidade sumaríase aos 1,29 millóns de toneladas que xa se transportan. O informe longamente anunciado do Clúster da Función Loxística e hoxe presentado, cifra en 128 os fluxos comerciais viables nos sectores da automoción, o téxtil e a alimentación.
Habería tres rutas con demanda real: a de Galicia con Madrid e Guadalaxara, a liña cara a Burgos e Guipúscoa, e o eixo que une Galicia con Zaragoza e Barcelona. O éxito dependería da implantación de servizos multicliente e de acelerar as infraestruturas do Corredor Atlántico.
En licitación o deseño da primeira pasarela colgante só para peóns e ciclistas sobre o Miño
21 xul 2026 0
Cal sería o sentido dunha nova conexión, neste caso entre As Neves e Monção? Ser unha alternativa para os traballadores que se desprazan entre as súas residencias e a Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN). E un reclamo para sendeiristas, dinamizando a zona e as adegas de Rías Baixas e Vinho Verde.
Ao tratarse dunha contorna fluvial internacional protexida o viaduto require de autorizacións medioambientais nos dous lados, polo que o custo total só coñecersase con exactitude unha vez visados os planos.
Xa están en galego as recomendacións do consorcio ENIGMA para a comunicación de variantes xenéticas en cancro hereditario
21 xul 2026 0
Investigadores do IDIS e da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica elaboraron a versión oficial en galego das recomendacións internacionais do consorcio ENIGMA para a comunicación de variantes xenéticas asociadas á predisposición hereditaria ao cancro, publicadas recentemente en Journal of Medical Genetics como parte dunha actualización internacional que incorpora vinte traducións oficiais.
A primeira promoción da Escola de Pastoreo remata estes días a súa formación
20 xul 2026 0
Están agora con prácticas de manexo de rabaños con valado virtual na Pontenova.
A iniciativa, que botou a andar a mediados de marzo impulsada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), o Inorde da Deputación de Ourense, varios concellos e GDR e a Fundación ”la Caixa”, pecha primeiro ciclo con éxito. Recibíranse máis de 50 peticións para as 25 prazas ofertadas de balde, ou sexa subvencionadas.
Arrinca o primeiro estudo español para predicir risco personalizado de cancro de mama
20 xul 2026 0
O proxecto MamoRisk validará en España un novo modelo estatístico que predí o risco de cada muller de desenvolver cancro de mama segundo factores de risco non xenéticos, xenéticos e mamográficos, mediante a combinación de lectura radiolóxica e intelixencia artificial.
Convócase o XV Premio Ramiro Carregal de Investigación Oncolóxica
17 xul 2026 0
O Xurado dos premios Ramiro Carregal acaba de abrir convocatoria para o XV Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica e para o VIII Premio a Talentos Emerxentes, dotados con 30.000 e 15.000 euros, respectivamente. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de xaneiro de 2027.
Pontevedra acolle esta fin de semana a gran cita musical de Galicia
16 xul 2026 0
O parque de Tafisa en Pontevedra prepárase para converterse no epicentro musical de Galicia este venres e sábado coa celebración do Big Sound Festival 2026, que se consolida como o evento máis destacado da fin de semana na comunidade.
Unha ferramenta de realidade asistida que promete transformar o mantemento técnico
16 xul 2026 0
En plena metamorfose dixital chega SAAM, desenvolvida polo CIS Tecnoloxía Deseño e a firma con sede en Narón ElectroRayma non é só un software, permite aos operarios interactuar con contornas de alta complexidade dun xeito nunca antes visto. Se xorde unha dúbida complexa sobre o terreo, un experto pode guiar ao operario desde a oficina visualizando exactamente o mesmo que o técnico.
Concibida para a optimización de guindastres portuarios tipo cegoña, a versatilidade propiciou o salto ao mantemento de aeroxeradores, así como a diversas aplicacións no sector naval e industrial.
Medio cento de empresas galegas acolléronse á primeira liña de axudas para certificacións no sector da defensa
15 xul 2026 0
Son as validacións que acreditan que se cumpre cos requisitos esixidos polos gobernos e a OTAN para poder venderlles produtos, software e servizos. O custo varía segundo o selo que se precise pero oscila entre os 5.000 € e os máis de 40.000 € dependendo da consultora e as taxas da certificadora ou auditora.
As 52 empresas beneficiadas operan en sectores como naval, metalmecánico, aeroespacial (caso da peme Alén Space, en Nigrán, na imaxe), tecnolóxico, transporte, automoción, electricidade e construción.
España chega a semifinais como principal favorita para gañar o Mundial 2026
14 xul 2026 0
España converteuse na principal favorita para conquistar o título entre os usuarios de Sportium. Segundo a compañía, a selección española concentra o 23,34% da confianza dos usuarios para proclamarse campioa do mundo. Por detrás de España sitúase Francia, cun 15,30% e, entre as seleccións que seguen na competición, Arxentina concentra o 7,53% e Inglaterra o 7,87%.
El puerto de A Coruña inicia la renovación del firme en la carretera exterior
14 xul 2026 0
La Autoridad Portuaria de A Coruña ha iniciado esta mañana las obras de pavimentación de la carretera exterior del puerto, entre las rotondas de acceso a los muelles de San Diego y Oza, con una longitud aproximada de un kilómetro.
Fontenla recollerá o premio Empresario do Ano este venres 17 no Encontro da Toxa 2026
13 xul 2026 0
Aínda totalmente en activo, xa que lidera a CEC dende 2000, dada a súa traxectoria semella un recoñecemento a unha vida profesional. Presidiu a CEG entre 2001 e 2013, reestruturando un déficit financeiro herdado de preto de seis millóns de euros e, previamente da Federación Galega da Construción (1986-2001). Pertence á segunda xeración dunha corporación construtora familiar, se ben diversificada.
No encontro organizado por CESUGA estarán entre outros Ignacio Rivera, CEO de Hijos de Rivera, José Manuel Entrecanales, CEO de Acciona, Pablo Junceda, Director Xeneral de Sabadell Gallego e representantes de PwC, Oracle, Navantia, Nova Pescanova e Vegalsa-Eroski.
A galega Mobify, a piques de chegar a Vigo
13 xul 2026 0
O enxeñeiro de telecomunicacións José Manuel Martínez Pérez e a enxeñeria industrial Nuria Iglesias Blanco, detectaron un baleiro e procuraron solucións. Ante a dificultade de conectar os núcleos urbanos coas zonas rurais de Galicia fundaron en Ourense hai catro anos a primeira plataforma galega de carsharing con tarifas de 0,29 euros por quilómetro, combustible incluído. Redefiron a mobilidade cunha app que permite alugar coches híbridos e eléctricos por minutos ou horas.
Tras consolidar o éxito na vila natal en setembro de 2024 chegaron a Coruña e Santiago cun plan de negocio que proxecta sumar 400 vehículos. Vigo é a seguinte Pica en Flandes.
Unha boa idea dende o primeiro día
10 xul 2026 0
José Carlos Alonso -aos 12 anos xestionaba o bar dunha residencia universitaria- tras unha viaxe a Canadá buscando ideas de negocio converteuse no primeiro importador de estufas de pellets de Europa en 1993. A faísca de Ecoforest. Da pequena nave orixinal pasaron en 2018 a unha espectacular fábrica en Porto do Molle (Nigrán).
Hoxe están en 30 países liderada pola seguinte xeración familiar con Nicolás Alonso á fronte (á esquerda da imaxe). En 2022 facturaron 55 millóns pola enorme demanda en países como Alemaña. Se ben despois o mercado europeo da calefacción normalizouse a división principal (Ecoforest Geotermia) mantense por riba dos 30 millóns de euros anuais en vendas.
136 empresas aforran máis de 4.100 toneladas de plástico e materias primas
09 xul 2026 0
Nun tecido empresarial de micropemes, na práctica supón un éxito maiúsculo: este grupo concentra máis do 90% do volume total de envases que se introducen no mercado galego. Trátase dos xigantes da alimentación, grandes cadeas de distribución, adegas e o potente sector conserveiro. O seu impacto, por tanto, é masivo.
Estas firmas aplican plans estratéxicos de prevención de envases, unha medida que permitiu o aforrar de golpe 4.109 toneladas de materias primas. Xiro industrial non casual, senón resposta directa ás estritas directrices de Bruxelas.
Tres investigacións galegas entre as 21 que se porán en marcha grazas ás axudas da Fundación Mutua Madrileña
08 xul 2026 0
As XXIII Axudas á Investigación Médica da Fundación Mutua Madrileña permitirán pór en marcha tres investigacións galegas que se liderarán desde o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela nas áreas de saúde mental, transplantes e enfermidades raras e que recibirán un total de 470.000 euros.
Drons fitosanitarios, debate e realidade
08 xul 2026 0
O seu uso vive un intenso debate técnico e político dentro da Unión Europea. A normativa comunitaria que temos asimila estes dispositivos á aviación convencional, como helicópteros ou avionetas, con restricións severas. Fronte a isto o sector agrícola e comunidades como Galicia quere que se recoñezan como ferramentas de agricultura de precisión a baixa altura, como tratamentos terrestres.
Onte 7 de xullo a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou ao ministro Luis Planas avances nas negociacións con Bruxelas para permitir usar unha tecnoloxía vital para zonas como a Ribeira Sacra, e para combater pragas como o verme defoliador do millo.