“A Coruña está preto da primeira división inmobiliaria. Por diante de Vigo e Santiago”
Luis Gualtieri, Máster en Dereito Fiscal e Perito Xudicial Inmobiliario, chegou a Barcelona desde Arxentina en 2008 para fundar unha firma, a consultora inmobiliaria de luxo OI Realtor, que hoxe emprega a máis dun cento de persoas e medrando co modelo de franquía. Luis coida que a vindeira reforma da Lei Hipotecaria traducirase nun mercado máis transparente e seguro, pero menos accesible.
Estades en plena expansión, tedes sete oficinas e prevendo a apertura de tres máis. Algunha en Galicia?
Os nosos plans máis inmediatos pasan polo arco mediterráneo e Madrid pero nun momento como este non descartamos nada. A Coruña, como capital económica galega, está cada vez máis preto da primeira división inmobiliaria. Por diante de Vigo ou de Santiago de Compostela. Rúa céntricas como Linares Rivas irán contaxiando ás zonas lindeiras para revalorizar a vivenda coruñesa de luxo.
Cres que o investidor volverá a vista á costa galega nalgún momento?
Non teño ningunha dúbida, aínda que fará falta espera algún tempo. Existe gran cantidade de vivenda baleira. A Coruña e Vigo teñen unhas 19.000 vivendas por vender e Pontevedra outras 7.000 casas, un stock que o mercado debe comezar a dixerir.
Que coidas mellorable no borrador da próxima Lei Reguladora dos Contratos Hipotecarios de Crédito Inmobiliario?
A Lei reforza o marco normativo para evitar a xudicialización e garantir unhas mínimas condicións ao cliente, pero os futuros propietarios terán o listón aínda máis alto para acceder ao financiamento. Haberá un acceso ás hipotecas cada vez máis restritivo xa que as entidades endurecerán as condicións a quen queira mercar vivenda. Ademais, unha vez normalizado o mercado, os tipos de interese irán subindo.
Existirá a obriga de ter que visitar dúas veces ao notario antes da firma do contrato pero, a xente le e entende todo o que asume ao asinar?
Durante décadas tomouse pouca atención ao cliente no contrato hipotecario, cando o comprador necesita asesoramento experto. Non ten a necesidade de entender cada palabra pero si o dereito de recibir a información necesaria e o deber de esixir meticulosidade. Non esquezamos que a compra dunha vivenda adoita ser o gran investimento vital para a maioría, así que debemos afacernos a tomar o noso tempo para que as garantías sexan absolutas.
Os desafiuzamentos complicaranse? O anteproxecto contempla a ampliación do prazo de falta de pagamento antes de iniciar unha execución hipotecaria […]
Están a desaparecer as cláusulas abusivas nas novas hipotecas que se asinan?
Os tribunais están a dar a razón aos usuarios de banca e iso fai que moitas entidades desistan de caer nesas prácticas. Cos novos documentos que contempla a reforma hipotecaria obrigarase a declarar as condicións máis importantes do préstamo […]
(Extracto da entrevista publicada no número 316 – setembro 2017)
Comentarios (0)