Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Hostelería #PorElClima



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 01 DE XULLO DE 2021 · (0)




"Se tes un bar, un hotel, unha cafetería ou un local de lecer únete. Axudámosche a reducir CO2”. Así se presenta unha iniciativa que traballa para acrecentar filas, con tres anos de vida pero en proceso de darse máis no sector ao que se dirixe. O Gaiás foi o lugar escollido para amosar a proposta aos hostaleiros galegos, que empezan a levantar cabeza.

Foi este un acto presencial na Cidade da Cultura, transmitido por videoconferencia e seguindo as habituais medidas anti-covid. Estiveron na mañá do 5 de maio os representantes das tres entidades detrás do proxecto, Coca-Cola, Ecodes e Hostalería de España na compaña da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. E lanzaron basicamente esta mensaxe: a hostalería pode obter resultados de forma inmediata manexando ben os residuos, aforrando enerxía e auga e usando renovables.

Acelerar o que había. A responsable galega de Turismo dixo que a pandemia non fixo máis que acelerar procesos de transformación nos que xa andabamos, e que dende a Administración teñen en marcha acción de axuda na recuperación dun sector duramente –e para moitos inxustamente– golpeado. “Pero sairemos sumando esforzos. Por iso queremos desde do Camiño de Santiago dar unha visión dunha hostalería segura, responsable, e recuperar o contacto coa natureza. Aproveitando os nosos produtos xunto coa implicación do Centro Superior de Hostalería de Galicia para poder ser un exemplo da cadea de valor. Galicia bríndanos todo, se a coidamos seremos capaces de seguir presumindo tamén de hostalería”.

O investimento en sustentabilidade ten un carácter multiplicador no desenvolvemento económico das empresas, así o afirmou María Sande, xefa de Comunicación da área Noroeste de Coca-Cola European Partners Iberia e condutora da cita. “A contribución do sector hostaleiro na loita contra o cambio do clima favorece un turismo sostible pero tamén xera riqueza”, dixo.

Optimismo. “Nós teremos unha frota eléctrica de vehículos en 2030 e operamos con startups que nos achegan solucións diferentes. Tomámonolo moi en serio”, dixo o xerente de Comunicación da área Norte de Coca-Cola European Partners Iberia, Gonzalo Márquez. Lembrou que “nos atopamos nun momento clave no que o sector hostaleiro pode dar a coñecer o seu compromiso e convertelo nun elemento que contribúa á súa recuperación”.

(Extracto da reportaxe publicada no número 361 – xuño 2021)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)