Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

25-S: Galicia decide



GONZALO FERNÁNDEZ · PUBLICADO O 09 DE SETEMBRO DE 2016 · (0)




As eleccións autonómicas do 25 de setembro van poñer Galicia no punto de mira, non só pola trascendencia que poidan ter para o seu autogoberno, senón tamén polo exemplo que representen dada a actual situación política española. Estes comicios, adiantados case un mes á data que correspondía para facelos coincidir cos do País Vasco, van dar inicio á X Lexislatura do Parlamento de Galicia e van supoñer un exame ás políticas que veu desenvolvendo o Partido Popular nos últimos sete anos, tempo que leva gobernando en Galicia apoiado por maiorías absolutas. 

Pero desta vez o panorama é distinto do que existía nas dúas anteriores ocasións, tanto pola situación económica que se vivía –inmersos nunha longa crise– como polas listas electorais que concorren con posibilidades de obter representación parlamentaria.

Por primeira vez nunhas autonómicas preséntanse aquí dúas formacións que xa obtiveron bos resultados tanto nas municipais de 2015 como nas xerais de decembro e xuño. Aínda que unha delas, En Marea, toma o relevo da Alternativa Galega de Esquerda que Xosé Manuel Beiras liderou durante a IX Lexislatura, a súa fusión con Podemos e a experiencia destes anos no Parlamento supoñen novas achegas que pode valorar o electorado, mesmo o feito de ter gobernado en importantes municipios desta comunidade representa unha nova bagaxe para formar criterio. Pola súa banda, Ciudadanos debuta nesta cita electoral tras perder o 26-X o deputado no Congreso que obtivera o 20 D, pero o fai despois de recompoñer a súa formación.

Para coñecer as propostas e as aspiracións dos principais partidos que se presentan a estas eleccións, entrevistamos os seus candidatos á Presidencia da Xunta, se ben non puidemos facelo coa de Ciudadanos, Cristina Losada, ao non contestar esta ao requerimento de ECO.

Trátase duns comicios de todos contra Feijóo? Son un escaparate para a política nacional? Que medidas inclúen nos seus programas para impulsar o tecido produtivo galego? Ana Pontón, polo Bloque Nacionalista Galego; Xoaquín Fernández Leiceaga, polo Partido Socialista; Alberto Núñez Feijóo, polo Partido Popular, e Luís Villares, por En Marea, responden a estas e a outras preguntas de cara á cita do 25-S.

(Todas as entrevistas no número de setembro de eco)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)