Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cabezas pensantes



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 25 DE OUTUBRO DE 2016 · (0)




Son algo así como a quintaesencia da utilidade universitaria porque xeran traballo cualificado e actividade económica na propia contorna, o que sempre cómpre. As spin-off galegas –esas empresas fillas das aulas superiores– fan, por riba, un traballo excepcional.

Todos gañan: os emprendedores poden seguir desenvolvendo a tecnoloxía que se xerou na universidade ata o produto final e contratar persoal investigador valioso, a universidade impulsa a transferencia de resultados pola que tanto se clama, e a sociedade benefíciase dos postos, dos impostos que pagan e, obviamente, dos produtos nos que traballan. 

Os equipos humanos das spin-off tiveron a ambición, o enxeño e o acerto de saber explotar novos procesos, produtos ou servizos aproveitando os resultados da investigación pública. Sillicon Valley é o archicoñecido exemplo nado das universidades californianas de Stanford e Berkeley, pero nestas nosas lonxitudes son as OTRIS universitarias (Oficinas de Transferencia dos Resultados da Investigación) as incubadoras e viveiros de empresas e os parques científicos as claves. Nestes últimos 15 anos naceron algunhas xa totalmente operativas e rendibles e outras no camiño de conseguilo. Estas son algunhas delas: 

ALLGENETICS: asociada á Universidade da Coruña e con sede no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas do Campus de Elviña. En 2011 foi distinguida como IEBT (iniciativa de emprego de base tecnolóxica) pola Xunta. O pasado mes recollían o premio Galicia Spin-Off 2016.

GALCHIMIA: naceu en 2001 e está en Compostela. Os seus profesionais atoparon unha saída produtiva á súa "obsesión pola química” facendo investigación baixo demanda a clientes en todo o mundo. Vén de recibir o Galicia Spin-Off 2016. 

GEN-DR: á procura de investimento para teren laboratorio de referencia en Santiago e ofrecer os seus servizos o ano que vén. Genetics and Drug Response, vinculada á USC, predí a resposta a fármacos e tratamentos cunha análise xenética do paciente. Gañaron a terceira edición do programa Argos 2015.

COGOMELO GAMES: Fly Away é o primeiro proxecto desta spin-off vinculada á UDC e finalista na última edición de Spin2016; consiste en levar unha mosca ata o obxectivo trazando unha ruta e usando power ups para evitar inimigos e obstáculos.  

CELTALGA EXTRACT: situada en Santiago, é a primeira firma biotecnolóxica de Galicia que recorre ao crowdfunding-recompensa. Lanzou un proxecto para coñecer a resposta do mercado a súa cosmética, elaborada con extractos de algas galegas.

(Extracto da reportaxe que se poderá ler completa no número de novembro de eco)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)