Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Premios ao emprendemento galego



TERESA ROCAMONDE · PUBLICADO O 27 DE XANEIRO DE 2017 · (0)




Ourense converteuse onte na “capital do emprendemento” galego ao acoller a gala de entrega dos Premios AJE Galicia, tal como asegurara o presidente da Deputación. Ademais, o galardón ao Novo Empresario quedou na provincia, ao recaer en José Antonio Losas Devesa, socio de Conexiona, mentres que o de mellor emprendedor foi para a lalinense Kalekói. 

O Teatro Principal de Ourense acolleu este ano a gala de entrega dos Premios AJE Galicia cos que a organización de empresarios mozos quere recompensar e darlle visibilidade a ese espírito de loita que move aos empresarios máis novos a superar todos os obstáculos e a usar a súa imaxinación, os seus recursos e a súa enerxía en crear unha empresa da que toda a sociedade se beneficie.

Este ano o premio ao Mellor Emprendedor do ano 2016 foi para Kalekói; recolleuno un dos seus responsables, Álex Moure, de mans do alcalde de Ourense, Xesús Vázquez, do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández e do presidente de AJE Ourense, Lois Babarro. Pola súa banda, José Antonio Losas Devesa, socio de Conexiona, recolleu o galardón ao Novo Empresario entregado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, xunto a Carmen José López, a presidenta dos novos empresarios de Galicia.

Así mesmo, entregáronse tres accésits para as candidaturas máis destacadas en Internacionalización, Innovación e Creación de emprego, que foron para Vagalume Energía; Txstockdata e La Piadina Riminese, respectivamente. E todos os candidatos participantes nesta edición, un total de 17, recibiron un diploma conmemorativo de AJE Galicia, que contaba no acto con todos os presidentes das sete asociacións galegas.

Galicia e Ourense, “terra de oportunidades”

No acto, o conselleiro de Economía subliñaba que os Premios AJE Galicia contribúen a fomentar “a vocación empresarial, difundir a cultura emprendedora e consolidar o tecido produtivo galego” e sinalaba que Galicia necesita converter os empresarios mozos na “pedra angular” sobre a que pivote o crecemento que se está a producir na comunidade.

(Extracto da reportaxe completa que se poderá ler no número de febreiro de eco)



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)