Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Concurso de ideas para un dos edificios máis destacados da futura cidade da tecnoloxía: o Citic da UDC



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE SETEMBRO DE 2021 · (0)



Estará na zona que se define como centro I+D+i e nodo de intelixencia artificial que se está proxectando nos terreos da antiga Fábrica de Armas da Coruña, un emprazamento elevado moi visible desde o exterior, o que intensificará a súa condición de referencia no complexo. O prazo de entrega de propostas:10 de novembro.


Deseñarase para unha superficie inicial duns 6.500 metros cadrados construídos, pero incorporará a posibilidade de crecer ata o dobre sen perder a súa esencia e mantendo a súa condición de fito. 

A UDC publicou hoxe o concurso de ideas para que se propoñan os deseños do que será o “Citic. Cidade das TIC”, que deberá concibirse como un elemento de gran relevancia arquitectónica priorizando sustentabilidade da infraestrutura e da contorna. O novo edificio estará nos terreos cedidos á UDC polo Ministerio de Defensa para impulsar unha nova estratexia urbana e crear un polo TIC de innovación dixital. As bases do concurso poden consultarse na páxina web do Citic, desde onde se terá acceso a toda a documentación complementaria para a elaboración das propostas.

O concurso de ideas con xurado prevé tres premios: un primeiro de 20.000 euros, un segundo de 10.000€ e un terceiro de 7.000 euros. Con todo, pode haber mencións honoríficas. Nel poden participar arquitectos pero tamén estudantes de Arquitectura.

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)