A Coruña terá un centro de investigación sobre Intelixencia Artificial e drons na Cidade das TIC
A UDC cede un pavillón ao Instituto Tecnolóxico de Galicia para instalar o Galaxy-lab. O acordo asinado esta mañá supón a da nave número 14 da Cidade das TIC para ter un lugar de experimentación con drons no transporte de pasaxeiros e mercadorías en zonas urbanas, así como para demostración e proba de produtos para empresas.
O ITG asinara tamén a principios deste mes un convenio de colaboración coa Xunta para que achegase algo máis da metade do investimento previsto para a posta en marcha dESTE Galaxy- lab, con preto de 580.000 euros dos 1,16 millóns decuste total. Os cartos permiten mercar equipamento específico e as licenzas para realizar as probas.

O reitor, Julio Abalde, e o director Xeral de ITG, Carlos Calvo, asinaban esta mañá un acordo de cesión por un período inicial de dez anos prorrogables. A Universidade da Coruña achegará ademais o seu coñecemento co traballo do Centro de Investigación TIC (CITIC), o maior centro de investigación en Intelixencia Artificial de Galicia. Será por conta do ITG a realización das obras, a merca de infraestruturas así como u mantemento e conservación do edificio cedido.
O proxecto Galaxy-lab permite ademais reforzar a fortaleza do Polo Aeroespacial de Galicia e avanzar no despregamento do sistema de xestión do tráfico aéreo non tripulado deseñado pola UE, axustar os sistemas de xeoposicionamento e coordinar un espazo aéreo controlado real mentres se dá pulos á Cidade das TIC. Esta debe ser un proxecto estratéxico onde crear ecosistemas dinámicos que combinen espazos, infraestruturas, centros e servizos, que facilite a instalación de empresas do sector e que sirva como vector de dinamización económica coa creación de startups e a atracción de multinacionais.
Comentarios (0)