O sector do formigón tamén alerta do desabastecemento e posible colapso da construción pola folga de transporte
Aa patronais das industrias dos aditivos ( ANFAH), áridos (FDA), cemento ( OFICEMEN), formigón (ANEFHOP) e prefabricados ( ANDECE), falan de “grave preocupación pola evolución do paro iniciado o luns”. A situación nas canteiras, plantas e no transporte é de extrema gravidade. En Andalucía, Asturias, Estremadura, Galicia e Madrid, os paros son ata do 100%.
"Nestes momentos resulta imposible garantir unha distribución axeitada de produtos crave para un sector como o da construción", alertan; e engaden que "as cadeas de subministración están a verse cada vez máis afectadas correndo serio risco de sufrir cortes importantes "ou mesmo a súa total interrupción e colapso coas importantes consecuencias que iso suporía”.

Ante o agravamento da situación que está a derivar en importantes tensións e cortes das cadeas de subministración, os representantes do sector do formigón sendo respectuosos co dereito á folga legalmente admitido no noso país, instan as autoridades a: garantir a libre circulación de mercadorías e ofrecer a debida protección daqueles que no seu dereito legal non estean a secundar o paro para poder asegurar o abastecemento de produtos esenciais para que o sector a construción manteña a súa actividade.
Solicitan a intervención urxente da Administración, para adiantar as medidas de contención dos prezos de carburantes, electricidade e gas anunciadas polo Goberno para o 29 de marzo.
Comentarios (0)