De novos tres estudantes galegos gañan o Young Business Talents
Adrián Álvarez, Iago de Francisco e Óscar Ortega, estudantes do IES San Tomé de Freixeiro de Vigo, proclamáronse gañadores da undécima edición de Young Business Talents tras vencer a máis de 300 aspirantes de toda España. Os mellores novos empresarios virtuais do país amosaron o talento xestionando unha compañía. E outros tres do mesmo instituto quedaron terceiros.
Os aspirantes a mellor directivo tiñan que conseguir os máximos beneficios para a empresa e non caer en bancarrota. Definir a estratexia e traballar co simulador de mercado de produto e venda de coches,tendo en conta a elección do deseño, gama, medidas e versións do produto; tamén definir cantas fábricas, número de traballadores ou instalacións tiña que ter; así como prezos, unidades, campañas de publicidade e insercións en medios.

E todo iso tendo en cuenta a competencia, cambios no mercado, traballando en equipo, demostrando boa comunicación e gran capacidade de organización. Os mozos preuniversitarios convertéronse en verdadeiros directivos ao ter que dirixir unha empresa automobilística utilizando un simulador virtual. Para iso, tiveron que demostrar talento nos negocios e calidades directivas, tomando as mellores decisións en tempo real para facer prosperar a súa compañía. “Os participantes demostraron todas as habilidades que debe ter un empresario de éxito para que a súa empresa sexa a máis competitiva. Grazas a este proxecto de gamificación único en España, os mozos benefícianse de novas ferramentas de aprendizaxe para achegarlles a formación práctica, permitindo introducir unha nova forma de ensinar a economía e a xestión empresarial. Orientarlles no seu futuro, achegar un valor engadido ao seu currículo e motivarlles con factores lúdicos, son algunhas dos beneficios que conseguen”, dixo Mario Martínez, director do programa educativo Young Business Talents.
Na última fase desta competición educativa organizada por ESIC, Herbalife Nutrition e Praxe MMT os estudantes galegos levaron a dianteria. Os equipos gañadores repartíronse máis de 14.000 euros en premios, entre estudantes e docentes, así como diplomas acreditativos que lles servirán para o seu currículo e futuro académico. A final congregou a 347 mozos de 73 centros de toda España, alumnos de 4º da ESO, Bacharelato e dos ciclos formativos de grao medio, e con idades comprendidas entre os 15 e 21 anos, que se deron cita de maneira presencial en Madrid para competir por equipos contra o resto de participantes dos distintos centros educativos do país.
Foi o broche de ouro a un intenso programa educativo que deu comezo o pasado novembro e que contou coa participación dun total de 10.423 estudantes de 392 centros educativos de toda España. Todos os mozos tiveron que estar a competir de maneira virtual desde as aulas e coa axuda dos seus profesores, superando diferentes fases en liña para conseguir unha praza na final. Para que puidesen participar, cedéuselles de maneira gratuíta aos centros docentes un sofisticado simulador empresarial, desenvolto por Praxeis MMT, cun valor de máis de 3.000 euros cada un. Unha oportunidade de enriquecer a actividade didáctica nas aulas coa práctica e que os mozos adquiran experiencia dunha forma lúdica e motivadora.
Comentarios (0)