Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

En marcha Galiciencia 2022, a maior feira científica da comunidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE MAIO DE 2022 · (0)



Os alumnos chegan con proxectos moi diversos baseados na Economía Circular: dende unha ventá calefactora, un sistema para apagar chamas sen empregar auga, un semáforo para persoas con discapacidade visual-auditiva ou un robot regador. O vicepresidente económico, Francisco Conde, estivo esta mañá na apertura no Parque Tecnolóxico de Galicia.


Hai 50 proxectos de Secundaria, Bacharelato e FP e 20 de Primaria con ideas para agricultura, bioloxía, comunicación, economía circular, física, historia, medio ambiente, música, robótica, apps ou tecnoloxía. Un equipo propón a creación de perfumes con aceites esenciais, outro un ensaio de biorremediación cun fungo sobre mascarillas cirúrxicas, unha boneca de reanimación cardiopulmonar, un sistema para depurar auga de xeito caseiro ou un proxecto para utilizar o peixe cebra como ferramenta para a investigación biomédica, son algunas das ideas.

Co lema da Economía Circular prolongarase ata o venres para esperta vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato. A feira vai reunir en torno ás diferentes actividades programadas a un total de 2874 participantes.  “Retomamos esta iniciativa da Xunta e Tecnópole, moi importante para que os máis xoves poidan desenvolve coñecementos científicos e tecnolóxicos e, sobre todo, para que poidamos espertar neles vocacións. Os máis novos van ter a oportunidade de impulsar proxectos que vaian na liña de xerar emprendemento”, dixo o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía en funcións, Francisco Conde.

Os máis pequenos están a elaborar cerámica con residuos de comida

O alumnado de Primaria e Educación Especial está a participar en dous talleres diferentes. Por un lado, “Redeseño Coñecementos!” e por outro no taller “Eco-Deseñar, Bio-Fabricar” están a ver a importancia do deseño reducindo a cantidade de materias primas necesarias para a fabricación e facendo os prdutos máis duradeiros e fáciles de reparar, reutilizar e reciclar. Entre outras experiencias, fan cerámica a partir de residuos da comida.

Mañá xoves, o espectáculo de ciencia poderá seguirse por streaming entre as 11:00 e as 12:00 horas, na canle de Youtube de Tecnópole (https://www.youtube.com/c/tecnopole), para alumnado de Secundaria, FP e Bacharelato.  E  terá lugar a final do Desafío científico “Atrévete coa Economía Circular!”, no que durante os últimos meses participaron equipos desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)