Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Grupo Calvo comprométese a reducir un 10% as emisións por tonelada de produto fabricado antes de 2025



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MAIO DE 2022 · (0)



Participa no programa Climate Ambition Accelerator que permitirá ás empresas reducir as emisións para 2030 para acadar cero neto de emisións en 2050. A compañía únese ao grupo de máis de 700 empresas, 71 delas españolas, que participan na segunda edición do programa que durará seis meses, desde maio ata novembro de 2022.


O proxecto involucra a empresas de todos os tamaños e sectores que participan en  sesións de desenvolvemento de capacidades, mellores prácticas, aproveitan oportunidades de aprendizaxe entre pares e participan en mesas de diálogo con expertos en eventos internacionais.

“Estamos comprometidos coa mellora continua nos procesos, actividades e infraestruturas, para reducir e evitar, na medida do posible, os impactos negativos derivados da nosa actividade. Entre eles, os asociados ao propio proceso produtivo e ás súas fábricas, como a xeración de emisións, polo que traballamos de maneira prioritaria. O programa  Climate  Ambition  Accelerator é unha oportunidade para seguir avanzando nos nosos obxectivos” explica Mariví Sánchez Jiménez, directora de Sustentabilidade e Comunicación de Grupo Calvo.

Redución dun 10% de emisións

A redución de emisións é un dos fins incluídos na estratexia Compromiso Responsable 2025, con obxectivos  medibles e concretos de mellora no marco 2020-2025 en tres áreas de actuación: océanos, medioambiente e persoas. Todos eles relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). En concreto, na área ambiental, Grupo Calvo adquiriu o compromiso de reducir un 10% as emisións por tonelada de produto fabricado antes de 2025.

Desde 2016, Grupo Calvo é membro da Rede Española do Pacto Mundial, a iniciativa da ONU que lidera a sustentabilidade empresarial no mundo desde hai máis 20 anos. Recoñece o papel das empresas como actores imprescindibles para lograr a Axenda 2030, froito dun maior compromiso coas persoas e o  medioambiente, especialmente para facer fronte ao cambio climático. 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)