O colexio Santa María del Mar da Coruña gaña a 1ª Liga Maker Drone da Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia
O alumnado de Xesuítas foi o que mellor resolveu o reto de deseñar, programar e voar un dron para axudar a combater un incendio, o reto que tiveron que superar os preto de 180 estudantes participantes da cuxa xornada final de exhibición tivo lugar esta mañá na Coruña, á que asistiron 1.200 estudantes como espectadores.
Recolleron o premio de mans de Carmen Arias Romero, directora da Fundación Barrié, e Carlos Calvo, director xeral de ITG. Entre os 18 centros escolares das catro provincias que competiron para tamén houbo outros catro equipos cuxa labor foi recoñecida.

CPR Plurilingüe Salesiano San Juan Bosco, da Coruña, recibiu o premio ao mellor deseño, que foi entregado por Fernando Guldrís, director xeral do IGAPE.
CPR Plurilingüe Montecastelo, de Vigo, obtivo un recoñecemento por presentar a solución máis disruptiva, premio entregado por Gabriel Alonso, vicepresidente de Vendas en AIRBUS España.
CPR Nosa Señora do Carmen, de Betanzos, conseguiu o premio á destreza en voo, entregado por Vitoria González, do departamento de Desenvolvemento de Negocio de Drons de Enaire.
IES da Illa de Arousa, o premio especial do público á mellor presentación, que foi entregado por Juan Ignacio Cordeiro Vázquez. Primeiro Tenente de Alcaldesa e concelleira de Relacións Institucionais, Turismo e Seguridade Cidadá.
Esta mañá, os preto de 180 estudantes de terceiro de ESO demostraron as competencias e habilidades STEM adquiridas ao participar nesta liga MAKER DRONE, iniciativa que ten como fin último o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas. E é que, tras recibir a formación específica impartida en cada un dos centros, os equipos tiveron que idear, deseñar e programar un dron que sexa capaz de recoller auga, transportala e acceder, desde o exterior, á planta dun edificio no que haxa un incendio simulado para contribuír á súa extinción no menor tempo posible. A cada un dos centros facilitóuselle un dron, formación e orientación por parte da organización.
Por qué gañou
A solución do CPR Santa María del Mar, da Coruña consistiu na incorporación dun tanque de auga ao dron ao que estaba conectado un tubo. Mediante un mando, podían activar e desactivar o fluxo de auga. Ademais, para axudar a que o piloto fose máis preciso, puxeron en marcha dous sistemas. Por unha banda, con láser calibrado podían marcar o punto de impacto e, por outro, unha cámara coa que podían regular a distancia ao obxectivo. Por último, conectaron o dron a unha mangueira que permitía poder encher o depósito en caso de necesidade. E o dron podía ter máis capacidade suxeitando menos peso.
“Estamos especialmente orgullosos desta iniciativa que vincula educación e tecnoloxía. Esta aventura crea futuro na comunidade mediante o fomento de habilidades como o traballo en equipo e a xestión de tarefas complexas”, dixo Carmen Arias, directora da Fundación Barrié. Carlos Calvo, director xeral de ITG, afirmou que “a liga Maker Drone é unha oportunidade para espertar e desenvolver vocacións tecnolóxicas. Atopámonos nun bo momento porque aínda queda moito por facer neste campo, hai infinidade de solucións por imaxinar. Os alumnos que participaron sorprendéronnos coa solidez das súas solucións e da súa manexo en escena. Este é, sen dúbida, o xerme dunha xeración que despuntará, seguro, nos próximos anos”
O Xurado
As demostracións das solucións deseñadas foron avaliadas por un xurado especializado formado por Iván Merino, piloto de drons de carreiras profesional e campión de España; José Ignacio Vidal; especialista en computación científica en BOEING; Marcos Ortega, director da Cátedra en Tecnoloxías de Aeronaves non Tripuladas ITG- CITIC da UDC; Livia Castro, xornalista especializada en drons en Infodron.es e Juan Maceiras, bombeiro da Asociación Sociocultural Bombeiros de Galicia.
Comentarios (0)