Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Intelixencia Artificial para optimizar a xestión sanitaria, o “novo petróleo”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 22 DE XUñO DE 2022 · (0)



O combustible que xera novas formas de traballar son os datos, e nun sector como o sanitario cun gran volume deles, a axilidade e eficiencia é ouro. Hai ferramentas que facilitan a extracción e análise para facer, por exemplo, un seguimento dos patróns do pulso dun paciente.


É evidente que avanzamos cara a unha xestión centrada no uso de novas tecnoloxías e ferramentas relacionadas coa IA para acadar máis eficacia en case tódolos ámbitos.  Segundo o estudo “Índice Global de Adopción de Intelixencia Artificial 2022”, o 48% das empresas españolas ten previsto investir nelas este 2022.  

Pero concretamente no ámbito sanitario, a IA “permitirá monitorizar datos para determinar cando deberá ir ao médico se algo vai mal”, afirma a director da área de Intelixencia Artificial de ASHO, Juli Climent. “O desenvolvemento da Intelixencia Artificial debe estar precedido dunha dixitalización completa”, engade o responsable nesta firma de codificación sanitaria. Coida que estes procesos son “os eixos das economías modernas” e apunta como exemplos a seguir os modelos de Estados Unidos ou China,  con "moitos anos integrando estas tecnoloxías".

Aquí encaixan os plans para impulsar a dixitalización deste sector. “O valor da Intelixencia Artificial viuse incrementado pola aceleración da transformación nas empresas e os retos que provocou a xestión da pandemia da COVID-19. O sector sanitario non pode quedar atrás”, asegura RuthCuscó, directora xerente  desta firma de asesoramento hospitalaria con sede en Barcelona. “Na 4ª Revolución Industrial que estamos a vivir, a materia prima e o novo combustible que permite novas formas de traballar sen dúbida son os datos”. E engade: “o Healthcare 4.0 permitiranos monitorizar e facer un seguimento para determinar cando ir ao médico se algo vai mal”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)