Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A EGAP analiza o relevo xeracional da función pública



REDACCIÓN · PUBLICADO O 23 DE NOVEMBRO DE 2022 · (0)



A Escola Galega de Administración Pública organiza mañá, xoves, o webinario “O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI”. Será impartido polo consultor das Administracións Públicas e doutor en Dereito pola Universidade do País Vasco, Rafael Jiménez.


A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizará o próximo xoves 24 de novembro un webinario no que se analizará o relevo xeracional da función pública nas Administracións nun contexto marcado pola futura revolución tecnolóxica.

O webinario leva por título “O inaprazable reto da remuda xeracional da función pública no marco dos desafíos do sector público na terceira década do século XXI”, e será impartido polo consultor especialista en Administracións Públicas e doutor de Dereito pola Universidade do País Vasco, Rafael Jiménez Asensio.

O seminario virtual, enmarcado no ciclo de conferencias Presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, profundará ademais sobre a necesidade de adaptar os actuais postos de traballo dos empregados públicos e crear novos perfís profesionais que se asenten sobre os procesos de dixitalización, automatización e intelixencia artificial, que se aplicarán á prestación de servizos e actividades administrativas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)