O drama dos accidentes mortais, que medran na construción
Este sector lidera a lista con máis sinistros en 2022, só en Galicia nestas últimas semanas houbo varios. Entre xaneiro e outubro de 2022, segundo o Ministerio de Traballo e faltando por recoller os datos de novembro e decembro, houbo en España 129 accidentes mortais, un 28% máis que hai un ano.
Felipe García, avogado e socio de Círculo Legal, non dubida en sinalar que “os accidentes co peor desenlace posible supoñen un verdadeiro drama para as familias dos falecidos”, pero tamén apunta que “con frecuencia téndese a responsabilizar aos empresarios, demonizando a súa figura, mesmo a pesar de que este puxese todos os medios ao seu alcance en materia de seguridade e saúde neste tipo de accidentes laborais”.

Un traballador falecía o pasado luns ao caer mentres instalaba unha antena no Grove (Pontevedra), o 12 de decembro en Tui perdía a vida un operario de 38 anos ao caer dunha carretilla elevadora, e este 3 de xaneiro o Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro abría dilixencias para determinar as circunstancias do accidente de días pasados en Foz, no que faleceu un home no interior dunha obra do Campo da Cabana, malia que ao ser un traballador autónomo non ten consideración de accidente laboral. O que non quere dicir que non perdese a vida no traballo e por un accidente. E iso a pesar dos esforzos por reducir a sinistralidade.
As consecuencias fatais para estes traballadores seguen lanzando números preocupantes. Os empresarios están obrigados a prover de todos os medios necesarios pero ás veces “estas medidas non se cumpren tamén por imprudencias graves" que tradúcense en dramas familiares xa sin solución mentres que para a empresa "ábrense un elenco de procedementos administrativos e xudiciais de moi complexa resolución”. A defensa xurídica dos empresarios ante un accidente grave é moi complicada polos procedementos en varias ordes: penal, civil, administrativo e laboral.
“En primeiro lugar, iníciase un procedemento sancionador por falta de medidas de seguridade tras o levantamento da acta de infracción da Inspección de Traballo”, comenta o avogado. Que asegura que “cando teñen lugar accidentes complexos, estes informes da Inspección ou do IRSST non son todo o detallados que cabería esperar porque a materia excede a aqueles que os levan a cabo”. Este feito, faille un fraco favor ao empresario, dado que “os xulgados empregan estes informes como guía para tomar decisións, actuando como un claro condicionante”. É por iso que este material, do mesmo xeito que o facilitado por outros Organismos Públicos, desde os Bombeiros e as Brigadas de Sinistralidade da Policía Municipal ata o Instituto Rexional de Seguridade e Saúde “deben analizar en profundidade todos os detalles co fin de contrastalo coas periciais da defensa e a acusación, nesta materia, as probas periciais son transcendentais para o devir de todos os procedementos. Débese contar con peritos especializados”.
Comentarios (0)