Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un cento de expertos europeos en xestión do tráfico aéreo de drons, reunidos na Coruña



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 01 DE XUñO DE 2023 · (0)



A cidade acolle o primeiro workshop do proxecto europeo U-ELCOME para regular e madurar modelos de negocio destes voos como emerxencias, vixiancia, rescate, entrega de material médico, repartición de mercadorías e transporte de persoas. ITG fai de anfitrión e organizador desta cita antesala ás primeiras demostracións que terán lugar proximamente en España, Italia e Francia.


O Instituto Tecnolóxico de Galicia acolle na súa sede da Coruña un dos principais encontros profesionais sobre o tráfico aéreo de aeronaves non tripuladas que reune dende onte ata hoxe 1 de xuño a expertos da industria de toda Europa. Despois destas dúas xornadas farase un manual para a implantación do U-Space.  Os participantes adiantan que necesítase traballar na realización de despregamentos harmonizados cunha implementación homoxénea en Europa de forma que sexa posible crear un único mercado, permitindo a interoperabilidade entre sistemas. 

Tamén cómpre avaliar os riscos dos espazos aéreos e definir metodoloxías para iso, facendo despregamentos seguros de zonas. Os expertos falan de definir indicadores de seguridade, conectividade, capacidade e eficiencia que permitan deseñar correctamente os espazos aéreos e as operacións; de traballar con casos de negocio reais que permitan validar a tecnoloxía antes do uso comercial; de recompilar información e acumular coñecemento para levar a cabo a certificación dos provedores que aseguren niveis de seguridade e, finalmente, de intercambiar experiencias. “Conseguimos que A Coruña sexa a capital europea do U-Space durante dous días e tamén escenario de parte das futuras probas urbanas que realizará neste consorcio europeo. Achegamos a nosa experiencia, o noso laboratorio avanzado de Intelixencia Artificial para drons e a nosa tecnoloxía AIRUS”, explica Analía López Fidalgo, directora da área de Sensórica e Sistema Aéreos non Tripulados en ITG.

 En Coruña os expertos de Reino Unido, Irlanda, Países Baixos, Bélxica, Dinamarca, Suecia, Polonia, Francia, Italia e España traballan en varias sesións de traballo para analizar desenvolvemento tecnolóxico, seguridade, procedementos e viabilidade económica nun programa de sesións temáticas de 45 minutos impartidas en paralelo sobre cuestións moi específicas da normativa da Unión Europea sobre U-Space. As sesións son impartidas por representantes da Organización Europea para a Seguridade da Navegación Aérea, Eurocontrol; a enxeñería e consultoría INECO, adscrita ao ministerio de Transportes; os xestores de navegación aérea de España (ENAIRE), Italia (ENAV) e Bélxica (SKEYES) e empresas como a francesa Thales ou a norteamericana Collins Aerospace. 



 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)