Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As segundas e terceiras transformacións da madeira deben ter máis peso



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 14 DE FEBREIRO DE 2024 · (0)



Tendo en conta que a demanda vai cuadriplicarse nos próximos 30 anos cumpriría estar preparados ante o papel que van ter fibra vexetal, a madeira na construción e o packaging. “Tanto a estes produtos como ás propias industrias esixiráselles aínda máis fluxos secundarios de lignina, labra e serradura e non aumentar a madeira en rolo”, dixo o conselleiro do Medio Rural, José González, nunha xornada onde tamén asinouse unha declaración sectorial de empresarios da cadea madereira e falaron expertos universitarios.


A declaración asinárona os presidentes do Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia, de Lugomadera, de Fearmaga, e do Clúster Biomasa de Galicia. É a favor do peche de ciclos industriais en Galicia, comunidade que produce anualmente o 55 % da madeira de toda España. Detrás existe un bosque que achega servizos ecosistémicos, rendas e valor ao rural. 

De xeito resumido, a declaración destaca que temos unha industria de transformación moi diversificada, con empresas que son un referente, pero que para producir produtos de alto valor engadido “hai que dispoñer dun recurso endóxeno sólido e continuado e asegurar a transformación e o peche de ciclos dentro do propio territorio”.  

Cos empresarios estiveron César Pérez Cruzado, profesor da USC, e Adela Martínez Calvo, investigadora na mesma universidade para falar da metodoloxía do Inventario Forestal Continuo de Galicia (IFCG); despois houbo unha explicación sobre o novo mapa de dispoñibilidade de recurso forestal polos membros da Escola de Enxeñería forestal de Pontevedra (UVigo) involucrada no seu desenvolvemento.

José González, conselleiro de Medio Rural, estivo xunto coa conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, na clausura sobre esta xornada de peche de ciclos industriais no sector organizada pola Axencia Galega da Industria Forestal. O conselleiro reafirmou o compromiso con favorecer a transformación e o peche dos ciclos produtivos co Plan estratéxico da industria forestal-madeira, e o Plan Forestal de Galicia, “porque son unha boa folla de roteiro para fomentar a conexión entre recurso e produto”. E continuou: “estamos diante dun desenvolvemento tecnolóxico e unhas políticas que reducirán o uso futuro da madeira por unidade de produto final. Produciremos máis produto con menos recurso”. Algo ao que, indicou tamén, fai falta engadir a adaptación en curso dos bosques. Dixitalización, novas tecnoloxías forestais, de procesamento e comercialización de produtos, e a valoración e a segunda transformación da industria forestal madeira e do contract son eixos neste proceso. 

A responsable de Economía finalmente afirmou que estase a traballar na desburocratización e no acceso ao chan, sen deixar de lado que as “tramitacións ambientais que fanse dos proxectos que saen adiante están absolutamente blindadas desde o punto de visto ambiental”. Tamén defendeu as iniciativas de Altri e Ence como proxectos industriais estratéxicos, e por tanto con tramitación máis rápida.

 

 



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)