Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Visita a Partenón



REDACCIóN · PUBLICADO O 21 DE FEBREIRO DE 2024 · (0)



A téxtil galega Sagres, que opera baixo a marca Partenon, lidera a fabricación de roupa para corpos de seguridade: o 80% das vendas asínaas con corpos policiais de toda Europa e o resto con departamentos de bombeiros, a Garda Civil e o Exército español. Fundada en 1958 polo empresario e diplomático Adriano Marques de Magallanes, que morreu a finais de 2023, a firma con sede en Redondela foi a escollida para unha das primeiras saídas do presidente Rueda, aínda oficialmente en funcións.


Case cada día, de media, sae dunha das súas fábricas unha partida de uniformes tanto en España como en Portugal. Venden tamén en Italia, Bélxica, Suecia, Alemaña, Malta, Finlandia... en 2021 máis de 250.000 policías vestíronse coas súas pezas. O pasado xuño adxudicouse por máis 10 millóns os uniformes de varias seccións da Garda Civil.

Esta mañá Rueda visitou e saudou a traballadores e traballadoras da sede de Redondela, visita que dixo que tiña moitas ganas de facer, “comprometínme a que en canto pasasen estes días de tanto turbillón, aquí estariamos”. 

Hoxe Partenon está dirixida por Alejandro Marqués de Magallanes, fillo do fundador, ao que Rueda destacou como “alma máter de todo. Quen a empezou e quen a fixo grande". A firma comezou con téxtiles impermeables e antiestáticos para a industria do automóbil, subministración eléctrica e telefonía, pero en 1990 deu o salto á produción de uniformes. 

 Recentemente adxudicouse, por exemplo, a confección de 150 traxes para os Bombeiros de Cartaxena por 280.000 euros. Un cliente fiel que antes contratoulle a subministración de vestiario para a Policía Local por máis de 90.000 euros. O traxe de intervención do corpo de bombeiros da cidade portuaria dispon dun chip que irá integrado tanto no chaquetón como no pantalón que permite levar unha rastrexabilidade de toda a vida do equipo, desde os materiais utilizados na confección, nome do usuario, destino, talla, rango, histórico de reparacións e lavados. Vestir a un bombeiro, só as dúas pezas externas, ten un custo aproximado de 1.200 euros, principalmente pola tecnoloxía que está detrás.

Empresario, diplomático e exdeputado do Partido Popula

Adriano Marques de Magallanes, fundador de Sagres, faleceu a a finais do 2023 con 98 anos, poucos meses despois de celebralos na súa casa familiar de Redondela -Leira Alborada, aos pés da enseada de San Simón-  cos amigos, a familia e os seus cinco fillos. A  muller, Rita Regojo, fundadora de Aldeas Infantiles de Galicia, faleceu en 2011 con 82 anos.

Foi concelleiro de Vigo, vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado nacional polo PP e, como empresario, fundou en 1958 Partenón (Sagres, S.L.), unha das máis importantes do sector no país. En 2019 recibiu a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil polo seu traballo durante máis de 50 anos como cónsul xeral de Ecuador en Galicia. 

 




Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)