Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O bo pulso do mundo forestal



ESTHER GARRIDO · PUBLICADO O 28 DE XUñO DE 2024 · (0)



Está en Galiforest, que vai pola VII edición, un espectáculo de maquinaria nunha contorna perfecta: o monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón). Alí están a darse cita dende onte ata este sábado 107 expositores directos de 7 países: Portugal, Francia, Italia, Brasil, Letonia, República Checa e España. 

Elier Ojea, presidente da Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (Fearmaga), presentou a campaña “O sector que medra contigo” para mostrar as saídas nun eido con oportunidades laborais para quen queira dar o salto. “Todos, desde mozos a persoas de máis idade que queiran reciclarse, teñen cabida”.


A campaña presentouse no mostrador que a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) instalou na feira onde entre expositores directos sumados aos representados suman 360 firmas de 28 países. 

Durante estes tres días hai exhibicións de maquinaria, de sistemas e procesos forestais e charlas sobre o novo modelo de certificación da biomasa. 

Vése traballar a procesadoras forestais e de leña, astilladoras de troncos, serradoiros portátiles, biotrituradoras de restos vexetais e de poda, manipuladoras, motosierras, sistemas automáticos de bloqueo e liberación de estacas, tensores automáticos, robots desbrozadores e segadores, simuladores de maquinaria forestal, básculas para guindastres forestais, solucións contra incendios, e maquinaria especializada e análise de datos a través de conexión remota.

Recoñecementos

Ademais dos espazos para negocios e demostracións houbo premios en Galiforest. Un cabrestante móbil de tracción “T-Winch”, presentado pola empresa Hitraf, conseguiu o primeiro no Concurso de Innovación Tecnolóxica. Deseñada para darlle seguridade e suxeición tanto á máquina como ao operario forestal en terreos escarpados e de difícil acceso, minimiza os danos do solo ao soportar a forza de freado. 

Tamén concedéronse tres mencións. A primeira recaeu nas luvas anticorte e antivibración clase 2 de Pattones Robert´s, para labores de poda e roza a nivel profesional. A segunda foi para RoboPlus, primeira máquina radiocontrolada do mundo presentado por Murat– Energreen deseñado para operar enáreas pendentes de até 55º. E a terceira foi concedida á procesadora taladora de eucalipto e piñeiro presentada por Forest Pioneer, que se achega ás prestacións dunha máquina Premium forestal pero que economicamente asimílase ao prezo  dunha escavadora de Obra Pública cos seus 400.000 euros.

A cita organizada pola Feira Internacional de Galicia co apoio da Xunta desta vez tamén acolleu a primeira edición dos Premios Biomasa Galega, organizados polo Clúster Biomasa de Galicia, e estes foron os recoñecidos:

  • Premio á Traxectoria Investigadora na Biomasa: Luís Ortiz Torres.
  • Premio á Descarbonización da Industria Agrogandeira: Nutrimentos Deza (Nudesa).
  • Premio á Descarbonización da Industria Alimentaria: Compañía Española de Algas Mariñas (Ceamsa).
  • Premio á Traxectoria Empresarial no Campo da Calefacción na Biomasa: José Carlos Alonso, da empresa Ecoforest.
  • Premio á Aposta pola Biomasa na Administración Local :Concello de Portas.
  • Premio á Aposta pola Biomasa na Administración Autonómica:Axencia Galega De Desenvolvemento Rural Agader.


Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)