Ángeles Vázquez viaxa a Bruxelas para esixir ao Tribunal de Xustiza Europeo “criterios claros” cos parques eólicos
Con máis de medio cento de proxectos paralizados a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático reunirase co director xeral do Servizo Xurídico da Comisión Europea, o español Daniel Calleja (na imaxe).
Falarán dos argumentos que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia amosou ao Tribunal Superior de Xustiza da Unión Europea (TSJUE) como base para a anulación de parques. O TSXG argumentaba que primeiro se tiñan que solicitar os informes sectoriais e, a continuación, trasladarllos á cidadanía.
Para clarificar esta cuestión xurídica é a viaxe desta semana, xa queo Goberno galego insiste na necesidade de que estes procedementos tramítense pola vía de urxencia para axilizar a resolución e evitar a paralización.
A favor de tirar cara adiante, a normativa europea, que considera que os proxectos de renovables son de interese público superior ao coadxuvar á descarbonización, pero cómpre falta unha resolución urxente do tribunal europeo que estableza criterios claros de tramitación.
Vázquez tamén se reunirase co responsable de Biodiversidade da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, Humberto Delgado. Nas xuntanas axendadas esta semana tamén falarse da preparación da lei de administración ambiental simplificada galega que pretende garantir equilibrio entre o desenvolvemento das iniciativas e a protección do medio natural, unificar e actualizar a regulación.
O pasado 3 de agosto a conselleira adiantaba traballosen San Caetano conde reuniuse co vicepresidente segundo do Comité de Asuntos Constitucionais do Parlamento Europeo, Adrián Vázquez.
Comentarios (0)